O número de penas deportivistas segue crecendo día a día. Á inauguración da pena Guiliade ou Milenium que tiveron lugar nos últimos días, súmanse agora tres novas agrupacións: Século XXI, Madison-2 e Venecia.
A primeira delas verá a luz oficialmente o mércores ás 20:45 horas. Século XXI é unha agrupación deportivista con sede no Bar Souto da cidade herculina e o seu presidente é Óscar Gacio Regueira. Tamén na cidade herculina está a sede da pena Madison-2, sita na cafetaría do mesmo nome, que será inaugurada o xoves a tamén ás 20:45.
E dentro de dúas semanas, o xoves 21 de setembro á mesma hora, será a quenda para a pena deportivista Venecia, situada na Pizzaría Venecia da localidade oleirense de Mera. O seu presidente é Joaquín Estévez.
Outra pena que se acaba de dar de alta no club é a agrupación Miudiño, presidida por Guillermo Varela Balado, con sede no Bar Regueiro-1 da Coruña.