RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Segundo amigable para o Dépor ABANCA, mañá sábado no Trofeo Concello de Sanxenxo

O Deportivo ABANCA encara o seu segundo amigable de pretemporada mañá sábado 14 de agosto ás 19:00 horas no campo Novo San Pedro en Vilalonga ante o Viaxes InterRías FF, club que milita na Primeira Nacional. En xogo estará o Trofeo Concello de Sanxenxo.

As pupilas de Miguel Llorente buscan continuar coas boas sensacións transmitidas no Trofeo Teresa Herrera en ABANCA-RIAZOR, a pesar de que caeron nos penaltis ante o Valadares Gaia FC. Fronte ás portuguesas, o dominio do xogo foi totalmente branquiazul e só faltou puntaría nos metros finais.

O técnico branquiazul conta mañá coas baixas de Laura Fernández, Ainhoa Marín e Alba Merino. As convocadas para o partido son as seguintes: María Sampalo, Sierra, Inés, Paula, Eva Dios, Jone Ibáñez 'Ibi', María Ruiz, Patri López, Raquel, Goretti, Alejandra Serrano 'Ale' e Cris; ademais das futbolistas do Deportivo ABANCA B Tati, Carlota, Nuria Gómez, Aroa, Marta Rico, Paula Monteagudo, María Figueroa e Noela Sánchez.

Despois do atopo fronte ao Viaxes InterRías FF, Miguel Llorente citou de novo ao seu cadro o domingo 15 de agosto ás 10:30 en Abegondo para unha sesión de recuperación.