RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Segundo partido de Samu con España sub-19 e triunfo por 2-4 ante a anfitrioa Xapón

-Foto:@rfef.es

 

Samuel Fernández Leonardo 'Samu' (na foto co pero laranxa o primeiro futbolista empezando pola esquerda) está concentrado coa selección española sub-19 con motivo da SBS International Cup de Xapón.

O central deportivista seguiu desde o banco o segundo partido do combinado nacional ante a anfitrioa Xapón, esta pasada madrugada en Galicia.

Venceron os españois por 2-4 e lideran xa a clasificación a falta de 1 xornada.

Si foi titular Samu no primeiro partido ante Australia.

Xogou completo un encontro moi serio que supuxo o seu debut internacional e que ademais acabou en claro triunfo de España por 3-0.

Este domingo 21 de decembro ás 13:30 (hora local, 5:30 en Galicia), o canteirán do Dépor pon o punto e final á súa participación neste trofeo co seu partido ante a selección de Shizuoka.

O choque poderase seguir nesta ligazón.

O calendario de partidos de Samu, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Xoves 18 de decembro
ESPAÑA 3 - AUSTRALIA 0

Sábado 20 de decembro
XAPÓN 2 - ESPAÑA 4

Domingo 21 de decembro
13:30 (5:30 hora galega): SELECCIÓN SHIZUOKA - ESPAÑA, no Estadio de Kusanagui

Samu debutou co primeiro equipo en partido oficial o pasado xoves 4 de decembro na Nova Creu Alta ante a CE Sabadell FC.

O defensor naronés adéstrase diariamente ás ordes de Antonio Hidalgo e leva 8 partidos xogados co Fabril de Segunda Federación, todos eles de titular.

Samu únese así a outros futbolistas de ANOSACANTEIRA convocados tamén por este combinado nacional, como Mella, Kevin Sánchez ou Dani Barcia.