RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Seis partidos este sábado en Abegondo na canteira deportivista

  Seis equipos da canteira deportivista xogan en Abegondo este fin de semana: Xuvenil A, Xuvenil B, Cadete A, Infantil A, Alevín A e Benjamín B. Para os partidos do Xuvenil A, Xuvenil B, Cadete A e Infantil A, todos eles o sá

En Terceira División, a Fabril visita ao Racing Vilalbés, o domingo na Magdalena de Vilalba, a partir das 16.15 horas.
 
A xornada arrinca este sábado ás 10.00 en Abegondo co partido do Benjamín B, líder do seu grupo da Segunda Comarcal, ante o Imperátor C, segundo clasificado. Un triunfo deportivista deixaría sentenciado practicamente o título a favor dos branquiazuis.
 
Finalmente, o Cadete B participou onte mércores nun cuadrangular en Ordes, coa Selección Coruñesa Sub-15, o CD Lugo e o RC Celta como rivais. A competición foi en formato de liga, todos contra todos, con partidos de 40 minutos de duración.
 
O calendario de partidos é o seguinte:
 
Terceira División
 
RACING VILALBÉS - FABRIL, o domingo 14 de febreiro ás 16.15 na Magdalena
Clasificación: 1. Boiro e Cerceda, 45 puntos; 3. Choco, 43 puntos; 4. Fabril, 40 puntos; 5. Racing Vilalbés, Rápido de Bouzas, Barco e Silva, 35 puntos...
 
Categoría Xuvenil
 
XUVENIL A - ALONDRAS, o sábado 13 de febreiro ás 16.30 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da División de Honra: 1. Racing de Santander, 48 puntos; 2. Oviedo, 45 puntos; 3. Sporting de Xixón, 41 puntos; 4. Xuvenil A, 40 puntos; 5. Lugo, 39 puntos...
 
XUVENIL B - AROUSA, o sábado 13 de febreiro ás 18.15 en Abegondo (campo 6)
Clasificación da liga Nacional: 1. Pontevedra, 43 puntos; 2. Xuvenil B (un partido menos), 42 puntos; 3. Choco, 41 puntos...
 
Categoría Cadete
 
CADETE A - AROUSA, o sábado 13 de febreiro ás 12.00 en Abegondo (campo 6)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta (un partido máis), 66 puntos; 2. Cadete A, 49 puntos; 3. Bertamiráns, 45 puntos...
 
Torneo amigable en Ordes
 
Mércores 10 de febreiro
 
SELECCIÓN CORUÑESA SUB-15 0 - CADETE B 1 (Manu)
CADETE B 2 (Jesús e Dani) - CD LUGO 2
RC CELTA 1 - CADETE B 1 (Pablo Fraga)
 
RAIO SADENSE - CADETE B, o domingo 14 de febreiro ás 10.00 no campo das Mariñas de Sada
Clasificación da liga Galega, grupo 1º: 1. Cadete B, 60 puntos; 2. Ural, 55 puntos...
 
Categoría Infantil
 
INFANTIL A - ONCE CABALEIROS, o sábado 13 de febreiro ás 10.30 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da liga Galega, grupo 1º: 1. Lugo, 48 puntos; 2. Infantil A, 44 puntos; 3. Xuventude de Oroso (un partido menos), 42 puntos; 4. Calasanz (un partido menos), 41 puntos...
 
SPORTING CAMBRE - INFANTIL B, o sábado 13 de febreiro ás 10.00 no campo Dani Mallo de Cambre
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 55 puntos; 2. San Tirso, 44 puntos...
 
Categoría Alevín
 
ALEVÍN A - ORILLAMAR, o sábado 13 de febreiro ás 12.15 en Abegondo (campo 7)
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, grupo norte: 1. Alevín A, Ural A, Calasanz A e Vitoria A, 9 puntos; 5. San Tirso A, 4 puntos...
 
ALEVÍN B - LUÍS CALVO, o sábado 13 de febreiro ás 12.00 en La Torre
Clasificación da Segunda Fase da Segunda Comarcal: 1. Alevín B, 15 puntos; 2. Vitoria D e Obradoiro, 12 puntos...
 
Categoría Benjamín
 
RAIO SADENSE A - BENJAMÍN A, o sábado 13 de febreiro ás 11.30 no campo Andres Pena (As Mariñas)
Clasificación da Primeira Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas: 1. Benjamín A, 43 puntos; 2. Ural A, 40 puntos...
 
BENJAMÍN B - IMPERÁTOR C, o sábado 13 de febreiro ás 10.00 en Abegondo
Clasificación da Segunda Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas: 1. Benjamín B, 42 puntos; 2. Imperátor C, 35 puntos...