RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Semana de Os Nosos para "seguir todos xuntos traballando no día a día" para o partido ante a Real Sociedad B en ABANCA-RIAZOR

O Dépor, este martes 9 de decembro con traballo complementario orientado a lesionados e a futbolistas con plans específicos de adestramento, arrincará este mércores 10 de decembro a preparación do seguinte partido ligueiro, a visita da Real Sociedad B a ABANCA-RIAZOR prevista para este domingo 14 de decembro ás 14:00 (LaLiga TV Hypermotion).

Os resultados da última xornada, coa derrota ante o CD Castellón, deixaron a Os Nosos na 2ª posición con 32 puntos, os mesmos que a UD Almería (3º); e a 3 puntos do Real Racing Club, líder con 35.

Miguel Loureiro pide asumir ese resultado adverso "con calma, con naturalidade. Analizalo con calma durante a semana como facemos cando gañamos tamén".

Insiste en "seguir todos xuntos traballando no día a día como vimos facendo para encarar o partido ante a Real B con ganas e con moita forza".

O defensor deportivista asegura que a acción do segundo gol castellonenco, nun remate dun córner dun futbolista que acababa de saír do banco, "verémola durante a semana e trataremos de traballalas como facemos antes de cada partido".

Antonio Hidalgo disporá de 4 sesións de traballo matinais entre os campos 2 e 3 do Dépor Training Center con esta planificación:

Mércores 10 de decembro
10:30 h.

Xoves 11 de decembro
10:30 h.

Venres 12 de decembro
10:30 h.

Sábado 13 de decembro
10:30 h.

Domingo 14 de decembro
14:00: Deportivo - Real Sociedad B, en ABANCA-RIAZOR