RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Semana de parón ligueiro e de "limpar a mente" no Dépor ABANCA

O Deportivo ABANCA afronta desde hoxe martes unha semana sen competición na Primera Iberdrola debido ao compromiso da selección española ante a República Checa.

Manu Sánchez, en rolda de prensa de onte luns, ve neste descanso "unha oportunidade de limpar a mente, de reflexionar, de estar tranquilos, de volver reiniciar todo o traballo e arrancar en 2 semanas con bo pé".

O técnico deportivista disporá no entanto 4 sesións de traballo, todas elas en Abegondo, desde mañá martes 20 de outubro.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 20 de outubro
17:00 h.

Mércores 21 de outubro
17:00 h.

Xoves 22 de outubro
17:00 h.

Venres 23 de outubro
17:00 h.

Sábado 24 de outubro
Descanso

Domingo 25 de outubro
Descanso