RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Semana de parón ligueiro para As Nosas que "nos vén fenomenal"

O Dépor ABANCA, hoxe martes con xornada de descanso, arrinca mañá mércores unha semana sen competición debido aos compromisos das seleccións nacionais.

Este parón chégalle ás Nosas en "un bo momento", tal e como manifestou Fran Alonso na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR despois de sumar 1 punto ante o potente Atlético de Madrid: "Desde o partido de Tenerife non paramos de crecer", subliña.

O conxunto deportivista, cos resultados da última xornada, alcanza os 20 puntos situado na 12ª posición da táboa da Liga F.

O preparador branquiazul agradece este paréntese na competición: "Grazas a Deus temos dúas semanas e vainos a vir ben o descanso".

Confesa estar "encantado" con este parón: "Hai xogadoras ás que lles vai a axudar a volver á dinámica do grupo, hai xogadoras fatigadas porque temos que traballar moito todos os partidos para conseguir os puntos e este descanso vénnos fenomenal. Encima se fose despois dunha derrota cústache volver entrar en boa dinámica pero despois dun punto moi importante contra un rival Champions vasche con moi boas sensacións".

Non descansarán as internacionais: Patricia Hmírová con Eslovaquia; Inês Pereira con Portugal; e Ainhoa Marín e Olaya coa selección española sub-23.

A pesar diso haberá 3 sesións de traballo matinais en Abegondo para o Dépor ABANCA esta semana, segundo esta planificación: 

Mércores 19 de febreiro
11:00 h.

Xoves 20 de febreiro
11:00 h.

Venres 21 de febreiro
11:00 h.

Sábado 22 de febreiro
Descanso

Domingo 23 de febreiro
Descanso