Ninguén se fía do Espanyol, pechacancelas de Primeira División e próximo
visitante en Riazor. Duscher lembra por exemplo, ao Mallorca: "Cando veu
aquí estaba abaixo e gañounos". Por iso, o pivote arxentino opina que o
Deportivo debe saír a gañar o part
Un ex-espanyolista, Sergio, está convencido de que "despois das
vacacións, o Espanyol irá para arriba. Eu falo moito con eles e eles mesmos
crense que poden saír de aí abaixo". Para o centrocampista deportivista, a
clave da mala situación do Espanyol na clasificación é que "levan un
par de anos en que non lles saen as cousas ben. E ademais, empezar ben é
importante. E eles non comezaron tan ben como seguro que desexaban". Iso si, o
catalán mostrouse esperanzado en conseguir a vitoria o vindeiro domingo en Riazor..