RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Sergio: O equipo ten garra e ganas de emendar o que nos sucedeu o ano pasado

O Deportivo volveu ao adestramento esta mañá en 'O Mundo do Fútbol', doce horas despois de derrotar ao Olympique de Marsella en Riazor no partido de ida da final da Copa Intertoto. Mañá xoves, Joaquín Caparrós volverá cos seus homes ao céspede de Abegondo

Hoxe a sesión foi máis suave para os que xogaron onte ante o equipo francés e máis intensa para aqueles futbolistas que foron suplentes ou non estiveron na lista de convocados co Olympique de Marsella.
O centrocampista Sergio González compareceu esta mañá ante os medios informativos. Asegurou que o equipo "ten garra e está con ganas de emendar o que nos sucedeu o ano pasado".