RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Sesión de recuperación para un grupo e de alta intensidade para outro previa ao descanso de mañá no Dépor

Sesión habitual post partido no Deportivo esta mañá en Abegondo. Os titulares onte en ABANCA-RIAZOR fronte ao Marino de Luanco, ademais do fabrilista Adri Castro, realizaron un quecemento con roldo no céspede e, a continuación, tarefas de recuperación no ximnasio e a padiola de fisioterapeutas. Keko, Mujaid e Borja Granero non saltaron ao céspede e quedaron xa no vestiario.

Para os demais, excepto Derik Osede, a sesión foi de alta intensidade. Así, Rubén de la Barrera dispuxo dunha tarefa de posesión, un exercicio de finalizacións e, para concluír, fútbol en espazo reducido, de alta intensidade. O meta fabrilista Pablo Brea adestrouse ademais con este grupo.

Mañá martes haberá xornada de descanso. O equipo regresa aos adestramentos o mércores 7 de abril ás 10:30 en Abegondo.