RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Sete partidos mañá sábado en ANOSACANTEIRA, co Fabril en Cantabria ás 12:00

Sete partidos xóganse mañá sábado nunha fin de semana no que arrincan na Torre a temporada na Primera A Coruña de fútbol 8 os dous equipos alevíns e os dous benxamíns do Dépor.

En canto ao resto de categorías, sobresae o partido do Fabril en Astillero ante o Rayo Cantabria nunha hora pouco habitual, as 12:00.

Os fabrilistas chegan ao choque após golear (4-0) a pasada fin de semana en Abegondo ao UM Escobedo e situados, con 10 puntos, na zona tranquila dunha igualadísima Segunda Federación.

Óscar Gilsanz non pode contar cos lesionados Mardones; Álex Pereira; Jaime Garrido; Fabián; Kevin, cunha lesión muscular nun sóleo; e Manu Ferreiro, que "está a piques de entrar", tal e como asegurou o técnico en rolda de prensa.

Tamén mañá o Xuvenil A, líder da División de Honra con 2 puntos de vantaxe sobre o RC Celta, recibe na Cidade Deportiva (17:00) ao Pontevedra CF no seu segundo partido consecutivo en casa.

Completan a xornada no Monte o choque do San Tirso Cadete ante o Rápido de Bouzas (12:30); e antes, o derbi da División de Honra entre o San Tirso SD Infantil e o Dépor, ás 10:30.

Para o domingo quedan dous encontros tamén en Abegondo do Xuvenil B e do Cadete ante o UD Ourense, ambos ás 11:00.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda Federación
9ª xornada: RAYO CANTABRIA - FABRIL, mañá sábado 26 de outubro ás 12:00 no campo municipal La Plachada (Astillero, Cantabria)
Clasificación: ... 5. Bergantiños CF, UP Langreo e Marino de Luanco, 13 puntos; 8. Real Valladolid Promesas e Rayo Cantabria, 12 puntos; 10. Fabril, Coruxo FC e Salamanca CF UDS, 10 puntos...

Categoría xuvenil
9ª xornada: XUVENIL A - PONTEVEDRA CF, mañá sábado 26 de outubro ás 17:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. Xuvenil A, 22 puntos; 2. RC Celta, 20 puntos; 3. Sporting de Gijón, 17 puntos... 10. Pontevedra CF, 8 puntos...

8ª xornada: XUVENIL B - UD OURENSE, o domingo 27 de outubro ás 11:00 en Abegondo
Clasificación da liga Nacional: 1. RC Celta B, 18 puntos; 2. Xuvenil B e Racing de Ferrol 16 puntos; 3. Pabellón Ourense CF, 15 puntos... 6. UD Ourense, 12 puntos...

Categoría cadete
8ª xornada: CADETE - UD OURENSE, o domingo 27 de outubro ás 11:00 en Abegondo (campo de herba sintética)
8ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - RÁPIDO DE BOUZAS, mañá sábado 26 de outubro ás 12:30 no Monte (San Tirso)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta e Cadete, 21 puntos; 3. CD Lugo, 15 puntos... 9. San Tirso SD Cadete, 10 puntos... 17. Rápido de Bouzas, 3 puntos; 18. UD Ourense, 0 puntos

Categoría infantil
7ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - INFANTIL, mañá sábado 26 de outubro ás 10:30 no Monte (San Tirso)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta e Infantil, 18 puntos; 3. Racing de Ferrol, 15 puntos; 4. ED Val Miñor Nigrán e San Tirso SD Infantil, 12 puntos...

Categoría alevín
Primera A Coruña de fútbol 8, grupo 1º, 1ª xornada: OZA JUVENIL SD - ALEVÍN A, mañá sábado 26 de outubro ás 11:30 na Torre (campo 2.1)
Primera A Coruña de fútbol 8, grupo 1º, 1ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - ORILLAMAR SD, o domingo 27 de outubro ás 10:30 na Torre (campo 4)

Categoría benxamín
Primera A Coruña de fútbol 8, grupo 1º, 1ª xornada: ORILLAMAR SD - BENXAMÍN A, mañá sábado 26 de outubro ás 12:30 na Torre (campo 1.2)
Primera A Coruña de fútbol 8, grupo 1º, 1ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - SILVA SD, mañá sábado 26 de outubro ás 13:30 na Torre (campo 1.1)