RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Songo'ou, nun combinado de estrelas internacionais

Jacques Songo'ou foi convidado pola FIFA, que se puxo en contacto co Deportivo da Coruña, para formar parte dun equipo de futbolistas internacionais (World Stars) que se enfrontará a Francia, Campión do Mundo e da Eurocopa 2000, nun partido benéfico a fav

A FIFA apoia, desde hai algúns anos, a organización caritativa internacional Aldeas Infantís SOS. Esta cooperación ten lugar tradicionalmente, seguindo os pasos da competición final da Copa do Mundo, cun partido entre os novos Campións do Mundo e unha selección mundial de xogadores.

A última edición tivo lugar en 1996 en Nova York, contra Brasil, entón campión mundial. Este ano, o encontro enfrontará a selección mundial da FIFA ao equipo de Francia e o encontro será o 16 de Agosto de 2000 en Marsella.

O porteiro camerunés será o único representante branquiazul no combinado de Estrelas internacionais. Como adestradores do equipo FIFA foron designados Carlos Alberto Parreira de Brasil e Carlos Queiroz de Portugal.