RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Superávit de 170 millóns

O Deportivo presentou o pasado xoves as contas do pasado exercicio. Un ano máis, e van once consecutivos, sáldanse con superávit, esta vez de 170 millóns, xa que os gastos foron de 9.633 millóns e os ingresos eleváronse a 9.803 millóns. Desde a chegada do

As cifras destes anos supoñen un record auténtico, unha marca increible para un club dunha cidade cunha poboación como a da Coruña. Trátase dun milagre, pero un milagre controlado e medido ata a última peseta.

Antes da chegada do actual equipo directivo, durante o dezaoito tempadas anteriores só se rexistraron tres superávits, nas tempadas 1972-73, 1982-83 e 1983-84 e todos eles derivados de situacións extraordinarias como foron o traspaso de xogadores ou os beneficios reportados por ser sede do Mundial 82.

Na tempada 1972-73 producíronse os traspasos de Manolete e Rubiñan, un á Valencia e outro ao Real Madrid, o que produciu ingresos por 14 millóns de pesetas nas arcas deportivistas e axudaron a reflectir ao termo desa tempada un superávit de 8 millóns de pesetas.

Na tempada 1982-83, a do Mundial 82, o Deportivo ingresou 63,7 millóns por celebrarse tan evento no seu campo, e con iso o superávit da tempada foi de 33 millóns. Na seguinte tempada, a 1983-84, produciuse a liquidación final do Mundial, o que produciu uns ingresos para o Club de 20,1 millóns de pesetas que serviron para tapar o balance final da tempada, que se saldou cun superávit de 4,7 millóns de pesetas.

O resto das tempadas, é dicir, quince, concluíronse con perdas durante todos os anos, algunhas con cifras terroríficas, como a anterior a facerse cargo do Club Lendoiro e os seus compañeiros de xunta, a 1987-88, na que o déficit fora de 144 millóns e o Club atopábase nunha situación moi delicada.

De maneira admirable na súa primeira tempada Lendoiro e o seu equipo xa conseguiron un superávit superior aos 22 millóns de pesetas, que se tornaron en 64 millóns na súa segunda tempada, a do ascenso. A partir de aí unha serie continuada de exercicios positivos que han traido a estabilidade económica ao R.C. Deportivo.

Para lograr eses resultados foi fundamental o apoio dos socios e accionistas que se envorcaron co Club. Esa confianza do que se sabe ben xestionado e ben representado permitiu que a directiva traballase con tranquilidade e respaldo, e de aí os magníficos resultados obtidos.