RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Suspendido o partido do Fabril por un caso de COVID-19 na UD Paiosaco

O partido do Fabril no campo da Porta Santa ante o UD Paiosaco H. Añón, previsto para este domingo 17 ás 17:00 horas, foi suspendido por un caso positivo de COVID-19 no conxunto larachés.

Agora será o Xuíz de Competición o que estableza unha nova data para a celebración deste encontro correspondente á 13ª xornada no subgrupo A de Terceira División.

O filial deportivista marcha provisionalmente na cuarta posición con 21 puntos, a 3 puntos da cabeza que ostentan o Bergantiños FC (con dous partidos menos) e o Racing Villalbés, os dous con 24 puntos.