RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Táboas do Orzán SD Cadete no alto da Liga Galega e calendario deste domingo, co Dépor ABANCA B de visita ao Atlético C

ANOSACANTEIRA feminina volve á competición despois do parón do Nadal.

Todos os partidos xóganse este domingo 11 salvo un deles o sábado 10.

O Orzán SD Cadete, 2º da Liga Galega con 25 puntos, enfrontábase ao Victoria CF, líder con 27 puntos, na Torre.

Houbo repartición de puntos (1-1) e as cousas seguen como estaban na táboa.

Xa o domingo, o Deportivo ABANCA B visita ao Atlético de Madrid C ás 12:00 na Cidade Deportiva Alcalá de Henares.

As branquivermellas avantaxan en 2 puntos ás branquiazuis.

No filial deportivista Antía Veiga regresa a próxima semana á selección española sub-17 para uns adestramentos. A gardameta foi titular no combinado nacional nos 3 partidos da recente Rolda 1 do Campionato de Europa.

En Tercera Federación, o Orzán SD Sub-21 tamén xoga fóra de casa, ás 17:00 en Boiro.

Neste equipo é Claudia Sande a que se incorporará a próxima semana á selección española sub-16 para unhas sesións de traballo en Las Rozas.

Completa a xornada o partido do Orzán SD Xuvenil ante a UD Carral (18:00 na Torre), o do Orzán SD Infantil A fronte ao Racing de Ferrol (12:30 na Torre) e o do Orzán SD Infantil B ante o AD Cristo Rey (12:00 no campo Leonardo Maceiras en Os Regos).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
14ª xornada: ATLÉTICO DE MADRID C - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 11 de xaneiro ás 12:00 na Cidade Deportiva Alcalá de Henares

Tercera Federación
13ª xornada: EFM CONCELLO DE BOIRO - ORZÁN SD SUB-21, o domingo 11 de xaneiro ás 17:00 no campo de Vista Alegre (Boiro)

Primera Autonómica
13ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - UD CARRAL, o domingo 11 de xaneiro ás 18:00 na Torre (campo 1)

Liga Galega cadete
11ª xornada: ORZÁN SD CADETE 1 (Daniela Barbanzán) - VICTORIA CF 1

Liga Galega infantil
Grupo 1º, 11ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A - RACING DE FERROL, o domingo 11 de xaneiro ás 12:30 na Torre (campo 2)

Grupo 2º, 11ª xornada: AD CRISTO REY - ORZÁN SD INFANTIL B, o domingo 11 de xaneiro ás 12:00 no campo Leonardo Maceiras (Os Regos, Oleiros)