RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Técnica e táctica en Acea de Ama

Os participantes na terceira quenda do Campus de Fútbol do Deportivo, así como os asistentes ao Campus organizado polo Club dos distintos concellos da provincia -patrocinado pola Deputación- e que hoxe non visitaron o Estadio, continuaron en Acea de Ama c

Os nenos dividíronse en seis grupos, tres deles traballaron no campo de arriba do complexo de Acea de Ama e outro tres no de abaixo. A técnica e a táctica futbolística foron os temas tratados na mañá de hoxe. A última hora, un baño refrescante na piscina tras a xornada de traballo.

Ao mediodía, os nenos da Coruña que participan no Campus de Fútbol do Deportivo regresan á cidade, quedando en Acea de Ama os nenos do Campus da Deputación que se aloxan alí mesmo durante esta semana de deporte e diversión.

Pola tarde os 172 nenos pertencentes aos concellos de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cabana, Cambre, Carballo, Carral, Coristanco, Culleredo, Laracha, Laxe, Ponteceso e Sada gozan de distintas actividades. Así, están a disputar unha competición de fútbol entre eles e o venres coñecerase a clasificación. Tamén practicarán natación, paddel e tenis, actividades que onte foron máis reducidas pola visita que recibiron de Augusto César Lendoiro, presidente do Deportivo, da organización do Campus, e do deputado Carlos López.

Este mércores a maior parte dos nenos terán a súa sesión de traballo habitual en Acea de Ama e cincuenta deles visitarán Abegondo e o Estadio de Riazor.