RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Título para Xuvenil B e Infantil nun apaixonante domingo en #ANOSACANTEIRA

Hoxe domingo xogáronse dous choques decisivos en #ANOSACANTEIRA.

En Abegondo, o Xuvenil B venceu (6-0) ao CD Conxo Santiago na última xornada da liga Nacional. Os branquiazuis, que avantaxaban xa en 2 puntos e o golaverage na cabeza da táboa ao RC Celta B antes do choque, proclamáronse campións de liga.

E no campo de Burgáns en Cambados, o Infantil (na foto superior) dobregou (4-1) na prórroga ao RC Celta na final polo título da División de Honra.

Ademais, o Cadete, xa campión da División de Honra, superou (1-4) ao Rápido de Bouzas.

Finalizadas as competicións de fútbol 8, disputáronse torneos amigables para alevíns en Ribadumia coa Arousa Fútbol 7 e en Xenebra; co Alevín A 9° e o Fabril FC Alevín 5° respectivamente.

Onte sábado, na Estrada, o Fabril FC Benxamín acabou en cuarta posición despois de completar unha gran xornada, só superados polo Sporting de Gijón na final de consolación e antes polo RC Celta na quenda de penaltis das semifinais.

Ademais, unha selección de prebenxamíns do Dépor, de cara a formar o Fabril FC Benxamín da próxima temporada, participou hoxe domingo 28 nun torneo organizado polo Sada CF no campo das Mariñas - Andrés Pena. Os branquiazuis acabaron nunha meritoria terceira praza.

A atención de #ANOSACANTEIRA onte estivo centrada no partido de volta da final polo título galego cadete entre o Orzán SD Cadete Feminino e o UD Mos. Na ida nas Baloutas as orzanistas venceron claramente (1-5) e na volta na Coruña volveron gañar (4-0), co que se proclamaron campioas galegas.

E en Pastoriza, o Orzán SD Infantil Feminino impúxose (0-3) ao cadro arteixán e concluíu a Fase polo Título con boas sensacións e coa medalla de prata.

Un partido disputouse o pasado venres en #ANOSACANTEIRA: o San Tirso SD Cadete, xa co obxectivo cumprido na División de Honra, freou (1-1) ao Arosa SC en Meis.

A maiores, dous equipos tiveron competición oficial o pasado mércores 24 de maio e abriron así o calendario de partidos.

O Orzán SD Xuvenil Feminino venceu (0-3) á UD Carral nos cuartos de final, a partido único, da I edición da Copa da Coruña feminina. As orzanistas apearon ao Brexo Lema SD (0-5) en oitavos de final e agora en semifinais o rival será en Frades o SE Abella SDEC.

E no trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, o Alevín dobregou (10-0) en Abegondo ao ED Luis Calvo Sanz en partido adiantado á 13ª xornada (última), debido á participación do conxunto branquiazul na Arousa Fútbol 7. Con este resultado, o equipo de Alberto Suárez é campión do subgrupo norte e xogará a gran final do torneo ante o campión do subgrupo sur, o RC Celta, en data por decidir.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Categoría feminina
Copa da Coruña, cuartos de final (mércores 24): UD CARRAL 0 - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 3 (Iria Otero, Laura Santos e Noe Gómez)

Final polo Título da liga Galega cadete: ORZAN SD CADETE FEMININO 4 (Candela González, Ánxela Prado, Laura Santos e unha futbolista rival en propia meta) - UD MOS 0. Na ida: 1-5

Fase polo Título da liga Galega infantil, 10 xornada (última): SCD PASTORIZA 0 - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 3 (Naiara Fontenla e Sofía Rodríguez -2-)

Categoría xuvenil
Liga Nacional, 34ª xornada (última): XUVENIL B 6 (Dani Estévez, Domínguez -2-, José Rey, Zoe e Jacobo) - CD CONXO SANTIAGO 0

Categoría cadete
División de Honra, 37ª xornada (penúltima): RÁPIDO DE BOUZAS 1 - CADETE 4 (André, Brian, Íker Gil e un futbolista rival en propia meta)

División de Honra, 37 ª xornada (penúltima): AROUSA SC 1 - SAN TIRSO SD CADETE 1 (Janusz)

Categoría infantil
Final polo título da División de Honra: INFANTIL 4 (Casuso, Borja -2- e Gael) - RC CELTA 1

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, subgrupo norte, 13ª xornada (última, mércores 24): ALEVÍN 10 (Mario González -2-, Yael López -2-, Thiago Montes -2-, Iker Obeso, Manu Alcázar, Nico Torres e Sergio Infante) - ED LUÍS CALVO SANZ 0

Arousa Fútbol 7 no campo da Senra (Ribadumia)
Primeira Fase
Venres 26 de maio
ATLÉTICO DE MADRID 1 - ALEVÍN A 0

Sábado 27 de maio
ALEVÍN A 3 (David Ramos, Íker Obeso e Javi Barral) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 0
ALEVÍN A 0 - VILLARREAL CF 0
SERVETTE FC GENEVE 1 - ALEVÍN A 3 (Antón Vilariño e Thiago Montes -2-)

Oitavos de final
ALEVÍN A 0 - FC PORTO 1

Domingo 28 de maio
Posición do 9 ao 12
ALEVÍN A 3 (Antón Vilariño, Thiago Montes e Íker Obeso) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0

O Alevín A acaba o torneo en 9ª posición

Meyrin Cup en Xenebra (Suíza)
Sábado 27 de maio
Primeira Fase
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Nacho Villanueva e David Gómez) - MEYRIN FC '3' 0
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Martín López e Nacho Villanueva) - FC SION 0
ANNECY FC 0 - FABRIL FC ALEVÍN 6 (Hugo Macedo -2-, David Gómez -2-, Álvaro Gómez, Manu Alcázar e Manu Sande)

Segunda Fase
FABRIL FC ALEVÍN 1 (David Gómez) - STOKE CITY 1
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Nacho Villanueva e Álvaro Gómez) - FC GRAND SACONNEX 0
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Nacho Villanueva e David Gómez) - FC VEVERY UNITED 0

Domingo 28 de maio
FABRIL FC ALEVÍN 0 - KICK FC 0
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Martín López) - DB FOOTBALL ACADEMY 1
FABRIL FC ALEVÍN 0 - FC NANTES 0. A penaltis: 2-3

Partidos polo 5º ao 8º posto

FABRIL FC ALEVÍN 1 (Álvaro Gómez) - KICK FC 1. A penaltis: 12-11
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Martín López) - ATALANTA BC 0

Quinta praza para o Fabril FC Alevín

Categoría benxamín
VI Torneo Concello da Estrada, no Novo Campo Municipal da Estrada

Primeira Fase
Sábado 27 de maio
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Yago Prieto) - UD MOS 1
RAYO VALLECANO 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Enzo Fernández e Mateo Songo'o)

Segunda Fase
FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Enzo Fernández, Andrés Valencia e Breogán Losada) - SPORTING BRAGA 1
FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Enzo Fernández -2- e Jorge Víboras) - CD CONXO SANTIAGO 0

Cuartos de final
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Enzo Fernández e Leo Lorenzo) - VITORIA DE GUIMARAES 0

Semifinais
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Leo Lorenzo) - RC CELTA 1. A penaltis: 6-7

Terceiro e cuarto posto
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - SPORTING DE GIJÓN 3

Cuarta praza para o Fabril FC Benxamín

Categoría prebenxamín
Torneo de Sada CF, no campo de fútbol das Mariñas - Andrés Pena (Sada)

Domingo 28 de agosto
Primeira Fase
SELECCIÓN RC DEPORTIVO 4 (Brais Iglesias, Martín Iglesias, Martín Martelo e Leo Galván) - BETANZOS CF A 0
CD CALASANZ 0 - SELECCIÓN RC DEPORTIVO 4 (Brais Iglesias, Santiago Muíños, Leo Galván e Joel Figueira)
SELECCIÓN RC DEPORTIVO 8 (Brais Iglesias -3-, Leo Galván, César Leire, Pablo Couso, Santiago Muíños e Martín Martelo) - SANTA CRUZ CF 0

Cuartos de final
SELECCIÓN RC DEPORTIVO 3 (Brais Iglesias, Martín Martelo e Joel Losada) - OLÍMPICO DE RUTIS CF 0

Semifinal
SELECCIÓN RC DEPORTIVO 0 - URAL ESPAÑOL CF 2

Partido polo terceiro e cuarto posto
SELECCIÓN RC DEPORTIVO 8 (Joel Figueira -2-, Leo Galván -2-, Martín Iglesias, Martín Martelo, César Leire e David Santiago) - JESUITINAS 1

A Selección RC Deportivo acabou en terceira posición