O míster compareceu en rolda de prensa para dicir que a idea do equipo será "en principio buscar algún gol, porque nestas eliminatorias é moi importante polo seu valor dobre... pero non quita que cando o balón estea en posesión do Arsenal tentemos frealos." Con respecto ao que mais teme do equipo cañonero -bautizado así porque ten a súa orixe nunha antiga fábrica de armas, lugar en que se fundou- "...o Arsenal xoga coa defensa moi adiantada pero tamén ten unha reacción desmedida, é un equipo moi difícil en casa pero pódeselle facer algún gol, pero o que máis me preocupa é a súa dianteira..."
A prensa británica interesouse acerca de se o Deportivo está máis pendente da liga que da UEFA, ao que o técnico de Irún respondeu "nestes momentos poderiamos dicir que a posición que temos en Liga é moi importante, pero non podemos deixar de lado a UEFA, imos tentar pasar esta eliminatoria por todo o que supón, se o Arsenal déixanos". Probablemente o Arsenal formará con Seaman na portaría, Kawn, Adams, Silvinho, Petit, Grimaldi, Ljenberg, Parrot, Bergkhamp, Overmars e Henri, aínda que non se descarta que Suker xogue durante o partido. Vieira é baixa por sanción.
Como colexiado actuará o búlgaro Atanas Ouzounov, que como anecdota poderiamos dicir que foi padriño de voda de Hristo Stoichkov. Mauro e Irureta mostráronse satisfeitos polo estado do terreo de xogo, en opinión de ambos moi rápido polo que permitirá xogar o balón. Ambos temen o ambiente, pero os afeccionados branquiazuis faranse sentir en Londres.
Como nota emotiva, Eloy Guimarey, neto do falecido Fernando Guimarey, o fundador da pena Super Dépor Londres, saltará ao campo co persoal deportivista para facerse a foto con eles. Un momento sen dúbida moi especial para esta familia galega residente en Londres e que, do mesmo xeito que moitos outros, senten as cores branquiazuis con paixón. Sinalar que onte fué os aniversarios de Eloy, polo que aínda que un pouco atrasado, en Highbury recibirá un agasallo inesquecible.
Xa como anécdotas, as apostas londinienses sobre o partido teñen de todo: seis libras a unha pola vitoria do Deportivo por 0-1; seis polo empate a uns e ata 2000 libras por cada unha apostada se o Deportivo gaña 0-4 e un dos goles é de Mauro Silva. Os ingleses apostan pola súa vitoria e non dubidan en que Mauro, que só marco un gol como deportivista no ano 92, non lles fará perder tanto diñeiro.
En fín, esta noite cea no hotel e despois concentración ata mañá ao cinco e media da tarde, hora na que se desprazarán ata o Estadio, situado a media hora en coche se non hai demasiado tráfico, desde o Hotel.
Tras o partido, de volta ao Hotel, esperemos que para celebrar un bo resultado.
Canaldeportivo segue en Londres para contarvos todos os detalles previos ao partido Arsenal-Deportivo.