En Riazor, Suso, utillero do Deportivo da Coruña, xa ten todo listo para o partido máis importante da historia do Club. O vestiario ten xa os equipamentos dos xogadores, a banda do capitán, os balóns... Os medios de comunicación apuran as últimas horas de
No Hotel NH Atlántico, pola súa banda, o equipo é case-alleo ao ambiente exterior. Case, porque é difícil que os centos de metros de tea branquiazul que ondean en todas as fachadas pasen desapercibidos, do mesmo xeito que é difícil non reparar nas bandeiras con que o Concello adornou os autobuses municipais.
Na cidade esgotáronse os globos de dúas cores: brancos e azuis. Bandeiras, lazos, bufandas, gorras, camisetas, pompones, calquera cousa é boa para animar ao equipo e engalanar a cidade.
Algúns xogadores pasearon polos arredores do Hotel esta mañá mentres gran parte deles recibían visitas no lugar de concetración. A comida, rica en hidratos e unha sesta foron os protagonistas destas primeiras horas da tarde. Ao seis unha merenda e logo charla co técnico, Javier Irureta. Ao sete e media tomarán rumbo ao Estadio e ao nove comezará o encontro transcendental.
O persoal de seguridade e servizos do Estadio ascende a 500 persoas que velarán polos 35.000 deportivistas de Riazor. Á beira, no Pavillón de Deportes, unha pantalla xigante con outras 10.000 persoas cuxos berros de ánimo, a recado, ouviranse en Riazor.
Programas de cadeas nacionais emítense e emitirán ao longo da xornada de hoxe desde as instalacións da Praia Club, fronte ao Estadio. Todo está listo. A afección deportivista sobre todo. Nunhas horas saberase quen é o campión de Liga 99-00.