A pesar de que o encontro en Granada xogouse o pasado sábado e onte houbo xornada de descanso para o Dépor, o corpo técnico deportivista dispuxo esta mañá en Abegondo a clásica sesión pospartido.
Así, todo o grupo realizou unha activación e un xogo de posición no campo 2 da Cidade Deportiva.
A partir de aquí, os titulares no Nuevo Los Cármenes podían pasar xa a tarefas de recuperación física no ximnasio e na sala de fisioterapia.
O resto do cadro continuou no campo cun exercicio de finalizacións e fútbol reducido, de alta intensidade.
Sergio Escudero realizou unha parte co grupo e outra co readaptador Fernando Rodríguez; mentres que os fabrilistas Alberto e Jaime Garrido representaron a ANOSACANTEIRA.
Xa todos xuntos, Os Nosos seguirán mañá martes 10 de setembro ás 11:00 coa preparación da próxima cita ligueira, o venres 13 de setembro ás 20:30 no Nuevo Arcángel ante o Córdoba CF (LaLiga TV Hypermotion e #Vamos).