RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Traballo físico con alta intensidade, no adestramento de hoxe do Deportivo

O primeiro equipo, cos fabrilistas Francis e Edu Expósito, adestrouse esta mañá en Abegondo nunha sesión fundamentalmente física e de alta intensidade.

A mañá arrancou no ximnasio, cun traballo preventivo. Xa sobre o céspede, houbo un exercicio de presión, un circuíto físico con remates a portería e, para concluír, fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

Adestráronse co grupo normalmente Pedro Mosquera e Adrián López, aínda sen a alta médica. Carles Gil e Rubén Martínez estiveron co readaptador; mentres que Emre Çolak e Fede Cartabia, este con molestias nun aductor, traballaron cos fisioterapeutas e masaxistas.

Mañá xoves haberá xornada de descanso, posto que o partido ante o Girona no Estadio ABANCA-RIAZOR, pertencente á xornada 9ª de LaLiga Santander, xogarase aínda o luns 23 de outubro ás 21:00 horas (Gol). O próximo adestramento do Deportivo será o venres 20 ás 10:30 horas en Abegondo.