RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Traballo táctico para un Dépor centrado en dobregar ao Osasuna

Un traballo táctico no campo 2 da Cidade Deportiva foi a tarefa principal do Deportivo esta mañá, hoxe ademais co meta fabrilista Pedro López.

A xornada arrancou na sala de vídeo. A continuación, após un quecemento regulamentario e uns rondos, Natxo González, en todo momento co seu caderno debaixo do brazo, dispuxo dous equipos de 11 xogadores. O técnico deportivista parou o xogo constantemente e impartiu repetidas instrucións aos seus futbolistas, todo iso de cara ao choque ante o Osasuna deste sábado 24 de novembro (18:00 horas, Movistar Partidazo) en ABANCA-RIAZOR.

O ensaio de accións a balón parado, especialmente faltas laterais, puxo o punto e final ao adestramento sobre o céspede.

Mañá venres, o Dépor adestrarase de novo en Abegondo a partir das 11:00 horas.