Tres goles de Paula Monteagudo guían ao Dépor ABANCA B na súa vitoria ante o Real Oviedo B
Tres goles de Paula Monteagudo guían ao Dépor ABANCA B no seu triunfo (0-4) ao Real Oviedo B, en partido correspondente á 13ª xornada no grupo 1º de Tercera Federación.
Laura Otero completou o marcador para as branquiazuis, que desta forma suman 31 puntos na 2ª posición da táboa.
Con estes 3 tantos, Paula Monteagudo, que habitualmente se adestra co primeiro equipo, alcanzou os 12 goles en 13 partidos, igualada con Andrea Albiol do Sárdoma CF.
Deportivo ABANCA B: Martina Rivas, Elena Vazquez, Redru, Paula Novo, Carmen Carballada, Michi Apostol, Sara Cercido ,Paula Monteagudo, Vázquez, Anfal El Yamani e Laura Otero. Tamén xogaron: Noe Mayo, Yanís Citoula, Ana Capelo e Iria Otero
A próxima fin de semana, o filial que dirixe Óscar Orro recibe en Abegondo ao CD Bovedana.
Os resultados até a data do Dépor ABANCA B son os seguintes:
CD Villa de Simancas 2 - Dépor ABANCA B 2 (Laura Ruiz e Lucía Mariño) Dépor ABANCA B 3 (Michi Apóstol, Dunia Dahmouni e Paula Novo) - Victoria FC 0 Sárdoma CF 0 - Dépor ABANCA B 2 (Carmen Carballada e Laura Otero) Dépor ABANCA B 1 (Paula Monteagudo) - CD Lugo 0 Sporting de Gijón B 0 - Dépor ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Paula Novo) Deportivo ABANCA B 14 (Laura Otero -3-, Michi Apóstol -2-, Paula Monteagudo -5-, Anfal El Yamani, Laura Santos, Laura Ruiz e unha futbolista rival en propia meta) - CD Romanón 0 Olímpico de León 0 - Deportivo ABANCA B 4 (Michi Apóstol -2-, Laura Santos e Laura Otero) Deportivo ABANCA B 1 (Anfal El Yamani) - RC Celta 1 Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA B 0 Deportivo ABANCA 12 (Anfal El Yamani -6-, Noe Mayo, Paula Novo -2-, Dunia Dahmouni -2- e Ana Capelo) - Bergantiños CF 0 Lóstrego CF 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Laura Otero) Deportivo ABANCA B 4 (Michi Apóstol, Anfal El Yamani e Paula Monteagudo -2-) - PM Friol 0 Real Oviedo B 0 - Deportivo ABANCA B 4 (Paula Monteagudo -3- e Laura Otero)