RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Tres grupos de traballo na sesión de hoxe do Deportivo

O Deportivo adestrouse hoxe en Abegondo co cadro dividido en tres grupos o día despois da estrea de Rubén de la Barrera no banco branquiazul.

Os titulares onte no Estadio Helmántico ante o Salamanca CF UDS salvo Valín, que quedou no vestiario, realizaron tarefas de recuperación. Primeiro no céspede, con roldo e un suave circuíto físico supervisado polo preparador físico Julio Hernando; e logo no ximnasio e na sala de fisioterapia.

Os que onte non actuaron de inicio si se exercitaron con alta intensidade baixo a supervisión de Rubén de la Barrera e Secho, con tarefas de posesión, duelos e fútbol en espazo reducido.

Neste grupo estiveron os canteiráns Juan Rodríguez, Barba, Pablo Brea, Sanmartín, Boedo, Iván Guerrero e Kanouté.

Finalmente, sete futbolistas seguiron hoxe co seu plan específico de readaptación: Keko, Uche, Claudio Beauvue, Bóveda, Héctor, Miku e Rolan. Salvo Keko, os demais exercitáronse no ximnasio e logo, xa con balón, no campo, dirixidos polo readaptador, Fran Molano.

Algún destes últimos xogadores incorporarase co grupo a partir do mércores, que será cando o Dépor comece a preparar a seguinte cita ligueira, a visita da SD Compostela a ABANCA-RIAZOR prevista para o domingo 24 de xaneiro ás 17:00 horas (TVG).

Mañá martes haberá xornada de descanso. O cadro está citado o mércores ás 10:30 en Abegondo, para arrancar no campo a partir das 11:00.