RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Tres xogadores do Dépor Summer Camp de Virginia mergulláronse na Coruña e no Dépor durante as dúas últimas semanas

Tres alumnos do Dépor Summer Camp de Virginia (Estados Unidos), xogadores do Great Falls Reston Soccer Club, gozaron de dúas semanas, desde o pasado 7 de xuño, da experiencia de adestrar e xogar co RC Deportivo.

Estes rapaces, que participaron no Dépor Summer Camp organizado pola Fundación RC Deportivo en anos anteriores en Reston (estado de Virginia), moi preto da capital estadounidense, Washington, foron seleccionados para coñecer o Dépor e A Coruña antes da edición do Dépor Summer Camp de 2021. A actividade está enmarcada no convenio de actividades anual co club norteamericano.

Os xogadores puideron vivir durante dúas semanas a experiencia de adestrar con #ANOSACANTEIRA e convivir cos xogadores da residencia do Fogar de Santa Margarita. Ademais, puideron xogar un partido amigable co Infantil A e coñecer de primeira man #ANOSACASA, o Estadio ABANCA-RIAZOR.

A edición 2021, do 19 ao 30 de xullo

O Dépor Soccer Camp de Virginia 2021 desenvolverase desde o luns 19 até o venres 30 de xullo. Será a terceira edición dunha actividade que dura dúas semanas e que serve para levar o Dépor e o sentimento deportivista moito máis alá das nosas fronteiras.

Despois de que a edición anterior desenvolverase telemáticamente, con xornadas de formación metodolóxicas para os adestradores locais debido á pandemia, este ano á localidade de Virginia desprazaranse dous técnicos da canteira do RC Deportivo. Juan Villamisar e David Lagar, acompañados de Pablo Barros, director das actividades formativas da Fundación RC Deportivo, supervisarán, organizarán e desenvolverán as actividades durante esas dúas semanas na zona.