Tristán e Manuel Pablo aseguran que o vestiario está unido
Diego Tristán e Manuel Pablo compareceron esta mañá ante os
micrófonos da sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol'. Ambos os futbolistas
coincidiron en sinalar que o vestiario está unido, a pesar das
declaracións que realizou Walter Pandiani.
O dianteiro sevillano cre que agora "é o momento de sentirse
futbolista. Non hai que esconderse e pedir a pelota aos compañeiros. Tampouco
hai que ter medo a fallar. Seguro que neste equipo o que falla máis balóns
é Valerón. Pero tamén porque os pide". Non entende Tristán as críticas que
recibe o club: "Non comprendo como un xornal da Coruña como La Voz de Galicia
ten esta actitude cara a min, cara ao equipo e cara ao Deportivo". Cre
o internacional que o míster ten o "mesmo apoio que tivo sempre, desde que
está aquí" e asegura que para el, "o que se fale no vestiario debe de quedar
aí".
Así mesmo, Manuel Pablo non ve "diferente" o ambiente no equipo desde
as críticas de Pandiani. Respecto da conveniencia de recibir agora en Riazor
a un dos fanfurriñeiros da tempada, o Espanyol, di o lateral grancanario
que lle dá igual, "porque a verdade é que por aquí xa pasaron toda clase de equipos
e este ano todos se nos deron mal".