Dous partidos adiantáronse ao fin de semana no regreso á competición do groso de equipos de ANOSACANTEIRA após o parón do Nadal.
O Cadete (na foto principal da noticia), líder da División de Honra, superou por 5-0 este venres 9 no Dépor Training Center ao Racing de Ferrol.
Este xoves 8 de xaneiro, o Fabril FC Alevín venceu tamén por 5-0 á UD Carral no Municipal Rodríguez Ans en partido correspondente á 11ª xornada da Primera Futgal A Coruña aprazado o pasado 6 de decembro de 2025.
Os fabrilistas suman 33 puntos e recuperan a 2ª posición do grupo, a 1 punto do líder, o Alevín A.
Xa a fin de semana, este sábado 10 a atención está no campo Arsenio Iglesias ás 16:00 (YouTube RC Deportivo).
O Fabril, líder da Segunda Federación e campión de inverno con 34 puntos, mídese ao Coruxo FC no inicio da segunda volta.
Manuel Pablo, que quere manter o rendemento do equipo na segunda volta, vaticina un partido "bonito porque eles xogan moi ben".
O vestiario fabriista celebra ademais a convocatoria de Samu para un partido amigable da selección española sub-19 ante Italia a próxima semana.
O RC Deportivo activa o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias.
Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web ticketing.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e o pin. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.
Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.
Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.
O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición dos asentos nun proceso 100% telemático.
Tamén está habilitado o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en ticketing.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade.
O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.
Ademais o sábado 10 xogan en casa o San Tirso SD Cadete (ás 10:15 no Monte ante o Victoria CF), o Infantil (ás 12:00 no Dépor Training Center fronte ao Escola de Fútbol DSF), o Alevín A (ás 12:30 na Torre ante o Olímpico CF) e o Benxamín A (ás 11:30 na Torre ante o Oza Juvenil SD).
Fóra o Xuvenil A visita ao Alondras CF (11:00 en O Morrazo), o San Tirso SD Infantil ao Atlético Coruña Montañeros CF (ás 10:15 en Elviña Grande) e o Fabril FC Benxamín ao ED Luis Calvo Sanz (ás 12:30 nas Eiroas).
Para o domingo 11 queda a outra gran cita da fin de semana en ANOSACANTEIRA.
O Xuvenil A e o RC Celta ven as caras no campo Arsenio Iglesias ás 12:00 co liderado da División de Honra en xogo.
A este partido, primeiro da segunda volta, os celestes chegan por diante na táboa con 36 puntos por 34 os branquiazuis.
Na Madroa na primeira parte da competición gañou o RC Celta por 1-0.
Finalmente, o Xuvenil A enfrontarase ao AD Sporting Hortaleza nos deciseisavos de final da Copa del Rey, eliminatoria que se disputará o sábado 17 de xaneiro no Dépor Training Center.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda Federación
18ª xornada: FABRIL - CORUXO FC, o sábado 10 de xaneiro ás 16:00 no campo Arsenio Iglesias
Clasificación: 1. Fabril e Gimnástica Segoviana CF, 34 puntos; 3. Oviedo Vetusta, 33 puntos... 6. Coruxo FC, 28 puntos...
Categoría xuvenil
16ª xornada: XUVENIL A - RC CELTA, o domingo 11 de xaneiro ás 12:00 no campo Arsenio Iglesias
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 36 puntos; 2. Xuvenil A, 34 puntos; 3. Sporting de Gijón, 31 puntos...
17ª xornada: ALONDRAS CF - XUVENIL B, o sábado 10 de xaneiro ás 11:00 en O Morrazo
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 48 puntos; 2. Xuvenil B, 41 puntos; 3. Coruxo FC, 35 puntos... 15. Alondras CF, 15 puntos...
Categoría cadete
14ª xornada: CADETE 5 (Iago Varela -2-, Yerobe e Nico Giovanni -2-) - RACING DE FERROL 0
14ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - VICTORIA CF, o sábado 10 de xaneiro ás 10:15 no Monte
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete (un partido máis), 40 puntos; 2. RC Celta, 33 puntos... 5. ED Val Miñor Nigrán, 21 puntos; 6. San Tirso SD Cadete, Victoria CF, Ural Español CF e Pabellón Ourense CF, 18 puntos; 10. SD Compostela, 16 puntos...
Categoría infantil
14ª xornada: INFANTIL - ESCOLA DE FÚTBOL DSF, o sábado 10 de xaneiro ás 12:00 no Dépor Training Center.
14ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - SAN TIRSO SD INFANTIL, o sábado 10 de xaneiro ás 10:15 en Elviña Grande
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 39 puntos; 2. RC Celta, 33 puntos e ED Val Miñor Nigrán, 33 puntos; 4. San Tirso SD Infantil e CD Lugo, 24 puntos; 6. CD Conxo Santiago, 23 puntos... 11. Atlético Coruña Montañeros CF, 13 puntos... 14. Escola de Fútbol DSF, 8 puntos...
Categoría alevín
14ª xornada: ALEVÍN A - OLÍMPICO CF, o sábado 10 de xaneiro ás 12:30 na Torre (campo 1.1)
11ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 5 (Nicolás Castro, César Leira, Marco Dios, Manuel Parada e Leo Galbán) - UD CARRAL 0
14ª xornada: CD CALASANZ - FABRIL FC ALEVÍN, o martes 13 de xaneiro ás 18:00 en San Pedro de Visma (campo 1)
Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Alevín A, 34 puntos; 2. Fabril FC Alevín, 33 puntos; 3. Victoria CF e Atlético Coruña Montañeros CF, 31 puntos; 5. CD Calasanz, 28 puntos... 13. Olímpico CF, 9 puntos...
Categoría benxamín
14ª xornada: BENXAMÍN A - OZA JUVENIL SD, o sábado 10 de xaneiro ás 11:30 na Torre (campo 1.2)
14ª xornada: ED LUÍS CALVO SANZ - FABRIL FC BENXAMÍN, o sábado 10 de xaneiro ás 12:30 nas Eiroas
Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Benxamín A, 39 puntos; 2. CD Calasanz, 32 puntos; 3. Fabril FC Benxamín e Atlético Coruña Montañeros CF, 30 puntos; 5. ED Luis Calvo Sanz, 29 puntos... 12. Oza Juvenil SD, 12 puntos...
