RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Triunfo do Orzán SD Infantil A sobre o Sporting Burgo nunha semana con visita en ANOSACANTEIRA feminina do Athletic Club B ao Dépor ABANCA B

O Orzán SD Infantil A impúxose (0-11) ao Sporting Burgo en partido correspondente á xornada da pasada fin de semana do grupo 1º da Liga Galega.

Con este resultado, as orzanistas lideran o grupo con 16 puntos por 13 do Racing de Ferrol.

A semana vén marcada pola visita do Athletic B ao Dépor ABANCA B este domingo 16 de novembro ás 12:00 no campo Arsenio Iglesias.

As Nosas marchan en 6ª posición con 13 puntos por 22 das biscaíñas, segundas.

O vestiario deportivista celebra ademais a citación de Redru para uns adestramentos coa selección española sub-19 a próxima semana.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 5 euros.

Completan a xornada do domingo 16 o partido do Orzán SD Sub-21 ante o Victoria CF (12:00 no campo Víctor Fernández Alonso) e o do Orzán SD Xuvenil ante o Sporting Burgo (12:30 na Torre).

Antes, o sábado 16 o Orzán SD Cadete mídese en Narón á SD O Val (10:00), do mesmo xeito que o Orzán SD Infantil A pero na Torre (17:30), e o Orzán SD Infantil B ao Santa Cruz CF (16:00 na Torre).

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda Federación
10ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - ATHLETIC CLUB B, o domingo 16 de novembro ás 12:00 no campo Arsenio Iglesias
Clasificación: ... 2. Athletic Club B, 22 puntos... 5. Sporting de Gijón, 14 puntos; 6. Deportivo ABANCA B, 13 puntos; 7. Madrid CFF B e Burgos CF, 11 puntos...

Tercera Federación
8ª xornada: VICTORIA CF - ORZÁN SD SUB-21, o domingo 16 de novembro ás 12:30 no campo Víctor Fernández Alonso
Clasificación: ... 5. Victoria CF e Tomiño FC Femenino, 12 puntos; 7. Orzán SD Sub-21, 11 puntos; 8. Lóstrego CF, 8 puntos... 

Primera Autonómica
9ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - SPORTING BURGO, o domingo 16 de novembro ás 12:30 na Torre (campo 2)
Clasificación: ... 10. Sporting Burgo e SR Calo, 7 puntos; 12. Orzán SD Xuvenil, 6 puntos; 13. Sporting Cambre e UD Carral, 4 puntos...

Liga Galega cadete
7ª xornada: SD O VAL - ORZÁN SD CADETE, o sábado 15 de novembro ás 10:00 en O Sinde B (O Val, Narón)
Clasificación: 1. Orzán SD Cadete, 16 puntos; 2. Victoria CF, 15 puntos... 12. SD O Val, 0 puntos...

Liga Galega infantil
Grupo 1º, 6ª xornada: SPORTING BURGO 0 - ORZÁN SD INFANTIL A 11 (Inés Neira, Lucía Mosquera, Vera Melki -3-, Zoe Mahía -2-, Daniela Arrojo, María López-Perales -2- e Elba Agrafojo)
Grupo 1º, 7ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL - SD O VAL, o sábado 15 de novembro ás 17:30 na Torre (campo 3)
Clasificación: 1. Orzán SD Infantil, 16 puntos; 2. Racing de Ferrol (un partido menos), 13 puntos... 5. SD O Val (un partido menos), 7 puntos...

Grupo 2º, 7ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B - SANTA CRUZ CF, o sábado 15 de novembro ás 16:00 naTorre (campo 3)
Clasificación: ... 4. Victoria FC e SCD Pastoriza, 12 puntos; 6. Orzán SD Infantil B, 9 puntos; 7. AD Cristo Rey, 7 puntos...