O partido de Liga Nacional entre o Xuvenil B e o Pontevedra CF, hoxe venres 22 en Abegondo, abriu o calendario de partidos en #ANOSACANTEIRA, nunha fin de semana no que entran en xogo o domingo o Orzán SD B sub-16 Femenino (Segunda Autonómica); e mañá sábado o Orzán SD Infantil A Femenino e Orzán SD Infantil B Femenino (Liga Galega).
Os pupilos de Miguel Figueira, vixentes campións, venceron (3-0) a un aspirante ao ascenso á División de Honra e suman así 3 triunfos nos seus 3 primeiros partidos neste curso.
Mañá sábado o partido estrela será o do Deportivo ABANCA B, que recibe (12:15) en Abegondo ao CD Lugo. As branquiazuis suman 6 puntos de 6 posibles, situadas pois na cabeza da clasificación de Tercera Federación FutFem (antiga Primera Nacional).
Óscar Orro, técnico deportivista, pode contar coas canteirás que están habitualmente en dinámica do primeiro equipo como son Paula Monteagudo, Elena Vázquez e Carmen Carballada. Completan a convocatoria: Martina Rivas, Uxía López, María Calvo, Celia Sousa, Antía Brage, Andrea Ansede, Laura Testa, Sara Cercido, Laura Otero, Elena López 'Cusi', Noela e Lucía Rivas; ademais de Uxía Rabuñal e Laura Santos, xuvenís do Orzán SD.
Ademais, o Cadete visita ao Ural Español CF (20:00 na Grela 1) e o San Tirso SD Cadete recibe no Monte ao ED Xuventude de Oroso (10:30).
Nestes equipos, os deportivistas Íker Fernández, Janusz, Nico, Pablo García, Rodrigo e Yago; e Gael, Mauro e Samba por parte dos 'verdes' están citados para un adestramento o martes 26 no Municipal da Estrada coa selección galega sub-16.
A xornada de mañá a completa o Infantil en Abegondo (10:45) ante o EF Portero 2000 e a participación do Alevín A e Benxamín A no Torneo Aniversario do UD Santa Mariña en Cotogrande (Vigo).
No conxunto infantil deportivista, Daniel, Eder, Esteban, Iago Varela, Lucas López, Miguel, Nikolay, Raúl e Sergio Cortizo participarán nun adestramento da selección galega sub-14 (zona norte) o mércores 27 de setembro en Curtis.
O domingo 27 sobresae o partido do Fabril na Cidade Deportiva ante o Arandina CF (Youtube RC Deportivo, TVG-2), correspondente á 4ª xornada en Segunda Federación.
Óscar Gilsanz estará pendente dos fabrilistas que entraron na lista do Dépor para recibir mañá sábado en ABANCA-RIAZOR á UE Cornellà: Martín Ochoa, Jairo, Diego Gómez e Mati Castillo.
O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva.
Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar aforamento e sen ningún custo adicional, os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.és, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.
Con eses mesmos datos doutros socios e socias, unha única persoa pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.
Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.
O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aquelas acodes socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición do aforamento nun proceso 100% telemático.
Está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.
Tamén o domingo o Xuvenil A recibe na Cidade Deportiva (12:00) ao Real Racing Club, un dos fanfurriñeiros da División de Honra. Os branquiazuis chegan ao choque co impulso do empate (2-2) da pasada fin de semana en Vigo en #ONOSODERBI.
Ademais, xoga tamén en casa o San Tirso SD Infantil, que se mide ao RC Celta (12:00) na División de Honra. Nos 'verdes', Álex Martínez, Antón, Hugo Ferreiros e Gandarela están convocados para un adestramento da selección galega sub-14 (zona norte) en Curtis o mércores 27 ás 17:30.
Fóra de casa xogan o Orzán SD Xuvenil Femenino (18:00 en Valdoviño) e o Orzán SD B sub-16 Femenino (16:30 en Pastoriza).
Finalmente, Fabril FC Alevín e Fabril FC Benxamín (na foto da noticia) compiten no Memorial Manolo Carrera na localidade ourensá de Velle.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Categoría feminina
Tercera Federación FutFem, 3ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - CD LUGO, o sábado 23 de setembro ás 12:15 en Abegondo
Primera Autonómica, 2ª xornada: ESCUELA FB AMISTADE - ORZAN SD XUVENIL FEMENINO, o domingo 14 de setembro ás 18:00 no Municipal de Mourente (Valdoviño)
Segunda Autonómica, 1ª xornada: SCD PASTORIZA - ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO, o domingo 24 de setembro ás 16:30 no Municipal de Pastoriza (Arteixo)
Liga Galega, subgrupo 1º, 1ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO - UC CEE, o sábado 23 de setembro ás 18:00 na Torre (campo 2)
Liga Galega, subgrupo 1º, 1ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO - VICTORIA CF, o sábado 23 de setembro ás 10:00 na Torre (campo 2)
Segunda Federación
4ª xornada: FABRIL - ARANDINA CF, o domingo 24 de setembro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: ... 11. Arandina CF, 4 puntos; 12. UP Langreo, 3 puntos; 13. Real Avilés Industrial CF, Marino de Luanco e Fabril, 2 puntos; 16. CD Cayon, CD Covadonga e Oviedo Vetusta, 1 punto
Categoría xuvenil
4ª xornada: XUVENIL A - REAL RACING CLUB, o domingo 24 de setembro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: ... 2. RC Celta e SD Compostela, 7 puntos; 4. Real Racing Club e CD Choco, 6 puntos; 6. ED Val Miñor Nigrán, Xuvenil A, Arosa SC e CD Lugo, 4 puntos...
Liga Nacional, 3ª xornada: XUVENIL B 3 (José Rey, Rubén e Álvaro) - PONTEVEDRA CF 0
Categoría cadete
División de Honra, 3ª xornada: URAL ESPAÑOL CF - CADETE, o sábado 23 de setembro ás 20:00 horas na Grela 1 (A Coruña)
División de Honra, 3ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - ED XUVENTUDE DE OROSO, o sábado 23 de setembro ás 10:30 no Monte (San Tirso)
Categoría infantil
2ª xornada: INFANTIL - EF PORTERO 2000, o sábado 23 de setembro ás 10:45 en Abegondo
2ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - RC CELTA, o domingo 24 de setembro ás 12:00 no Monte
Categoría alevín
Torneo Aniversario UD Santa Mariña en Cotogrande (Vigo)
Sábado 23 de setembro
16:30: PABELLÓN OURENSE CF - ALEVÍN A
17:30: ALEVÍN A - UD SANTA MARIÑA
18:30: ALEVÍN A - CD LUGO
19:30: RC CELTA - ALEVÍN A
Amigable, onte xoves 21: ATLÉTICO ARTEIXO 3 - FABRIL FC ALEVÍN 2 (Hugo Álvarez e Miguel Candal)
XI Memorial Manolo Carrera en Monte da Aira (Velle, Ourense)
Domingo 24 de setembro
Primeira Fase
10:40: FABRIL FC ALEVÍN - XINZO CF (campo 1)
11:20: EQUIPO DA FASE PREVIA - FABRIL FC ALEVÍN (campo 1)
12:40: FABRIL FC ALEVÍN - CD BARCO (campo 1)
Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final e os outros dous equipos xogarán unha Fase de Consolación, a partir das 15:30
Categoría benjamín
Torneo Aniversario UD Santa Mariña en Cotogrande (Vigo)
Sábado 23 de setembro
16:00: PABELLÓN OURENSE CF - BENXAMÍN A
17:00: BENXAMÍN A - UD SANTA MARIÑA
18:00: BENXAMÍN A - ACADEMIA TECNIFICAT
19:00: RC CELTA - BENXAMÍN A
XI Memorial Manolo Carrera en Monte da Aira (Velle, Ourense)
Domingo 24 de setembro
10:40: FABRIL FC BENXAMÍN - EQUIPO DA FASE PREVIA (campo 1)
11:20: CD BARCO - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 1)
12:40: FABRIL FC BENXAMÍN - OURENSE CF (campo 1)
Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final e os outros dous equipos xogarán unha Fase de Consolación, a partir das 15:30
