RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Última fin de semana de descanso para o Dépor ABANCA antes de retomar a liga

Cun último adestramento en Abegondo, o Dépor ABANCA puxo esta mañá o punto e final a unha nova semana sen competición en Primera Federación Iberdrola, segunda consecutiva.

Irene Ferreras dispuxo mañá sábado e o domingo como xornadas de descanso. A adestradora deportivista citou de novo ás súas futbolistas o luns 4 de marzo ás 10:00 na Cidade Deportiva e comezar a prepararse para o retorno á competición ante o Alhama CF o sábado 9 de marzo ás 12:00 (Youtube RC Deportivo) en Abegondo.

Ademais de catro esixentes sesións desde o punto de vista físico, con alta carga de traballo para as xogadoras desde o luns 4 de marzo na Cidade Deportiva, As Nosas tiveron tempo de gozar dunha xornada diferente o pasado mércores na boleira Estrella Park Experience en Marineda City, con diversión para todas as futbolistas e técnicos (na foto da noticia).

Está ausente estes días Eva Dios, concentrada coa selección española de fútbol sala para participar desde mañá sábado 2 de marzo nos Xogos Sordolímpicos de Inverno na cidade turca de Erzurum.