RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Ultima sesión de adestramento do Deportivo B previo ao encontro ante o Leganés

O Deportivo B adestrarseá esta tarde o cinco no Mundo do Fútbol na última sesión previa ao partido deste sábado ao cinco en Abegondo fronte ao Leganés.

Perico Ramallo conta coas baixas seguras dos lesionados Iván Pérez, Guille e Laure; e a dúbida de Lassad, que tamén arrastra problemas físicos. Ademais, o adestrador fabrilista esperará ao que decida Miguel Anxo Lotina sobre os canteiráns que traballan habitualmente co primeiro equipo, como son Adrián López e Chapi.