RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Última xornada de competición do ano 2025 en ANOSACANTEIRA, co Fabril o domingo 21 ás 12:00 no campo Arsenio Iglesias

ANOSACANTEIRA encara a última semana de competición no ano 2025.

Destaca o partido do Fabril ante o Real Ávila CF o domingo 21 de decembro ás 12:00 (YouTube RC Deportivo) no campo Arsenio Iglesias.

Os fabrilistas preséntanse ante #ANOSAFORZA despois dun gran triunfo por 1-2 en Los Pajaritos ante un dos aspirantes ao título, o CD Numancia de Soria.

Suman 28 puntos por 26 os abulenses.

Todo son boas noticias no filial, que ve como un dos seus futbolistas, Noé, meteu ao primeiro equipo en oitavos de final da Copa del Rey co seu gol ante o RCD Mallorca.

O atacante santiagués foi o sexto canteirán que debutou esta temporada no Dépor, após Pablo García, Fabi, Bil, Damián Canedo e Samu, concentrado ca selección española sub-19 en Xapón.

O Club activa o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias para o partido.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web ticketing.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e o pin. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición dos asentos nun proceso 100 % telemático.

Tamén está habilitado o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en ticketing.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. 

O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Completa a xornada do domingo a visita do Xuvenil A  ao Atlético Coruña Montañeros CF na División de Honra, na Grela 1 a partir das 18:15 horas.

O sábado 20 xógase o resto da xornada, onde destaca #ONOSODERBI na División de Honra cadete entre o RC Celta e o Dépor, ás 12:00 na Madroa.

Os branquiazuis lideran a táboa con 36 puntos por 32 os celestes.

Tamén o sábado o Xuvenil B recibe no Dépor Training Center ao ED Val Miñor Nigrán B (12:00) e o San Tirso SD Infantil (na foto entre o texto) ao RC Celta no Monte (11:30).

Fóra de casa, ademais do citado encontro do Cadete en Vigo, o San Tirso SD Cadete mídese en Santa Isabel á SD Compostela (12:30), o Infantil (na foto principal da noticia) ao Victoria CF no campo Víctor Fernández Alonso (10:00), o Alevín ao ED Luis Calvo Sanz nas Eiroas (10:00) e o Benxamín A ao Santa Cruz CF no campo Leonardo Maceiras de Os Regos, Oleiros (11:00).

Xogan na Torre o Fabril FC Alevín ante o Atlético Arteixo (12:30) e o Fabril FC Benxamín (na foto inferior) ante o Atlético Coruña Montañeros CF (9:30).

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda Federación
16ª xornada: FABRIL - REAL ÁVILA CF, o domingo 21 de decembro ás 12:00 no campo Arsenio Iglesias
Clasificación: 1. Gimnástica Segoviana CF, 31 puntos; 2. Fabril, 28 puntos; 3. Oviedo Vetusta e CD Numancia de Soria, 27 puntos; 5. Bergantiños CF e Real Ávila CF, 26 puntos...

Categoría xuvenil
14ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - XUVENIL A, o domingo 21 de decembro ás 18:15 na Grela 1
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 30 puntos; 2. Sporting de Gijón, 29 puntos; 3. Xuvenil A, 28 puntos; 4. TSK Roces e Real Racing Club, 21 puntos... 7. Atlético Coruña Montañeros CF, 18 puntos...

16ª xornada: XUVENIL B - ED VAL MIÑOR NIGRÁN B, o sábado 20 de decembro ás 12:00 no Dépor Training Center
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 45 puntos; 2. Xuvenil B, 38 puntos; 3. Coruxo FC, 32 puntos... 13. ED Val Miñor Nigrán B, 16 puntos...

Categoría cadete
13ª xornada: RC CELTA - CADETE, o sábado 20 de decembro ás 12:00 na Madroa (campo 2)
13ª xornada: SD COMPOSTELA - SAN TIRSO SD CADETE, o sábado 20 de decembro ás 12:30 en Santa Isabel (Santiago de Compostela)
Clasificación: 1. Cadete, 36 puntos; 2. RC Celta, 32 puntos... 5. ED Val Miñor Nigrán, 20 puntos; 6. San Tirso SD Cadete, Victoria CF, Ural Español CF e Pabellón Ourense CF, 17 puntos; 10. SD Compostela, 15 puntos...

Categoría infantil
13ª xornada: VICTORIA CF - INFANTIL, o sábado 20 de decembro ás 10:30 no campo Víctor Fernández Alonso (A Coruña)
13ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - RC CELTA, o sábado 20 de decembro ás 11:30 no Monte
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 36 puntos; 2. RC Celta e ED Val Miñor Nigrán, 30 puntos; 4. San Tirso SD Infantil, 24 puntos; 5. CD Conxo Santiago, 23 puntos... 11. Victoria CF, 11 puntos...

Categoría alevín
13ª xornada: ED LUÍS CALVO SANZ - ALEVÍN, o sábado 20 de decembro ás 10:00 nas Eiroas
13ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - ATLÉTICO ARTEIXO, o sábado 20 de decembro ás 12:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Alevín A, 33 puntos; 2. Victoria CF e Atlético Coruña Montañeros CF, 28 puntos; 4. Fabril FC Alevin (un partido menos), 27 puntos; 5. CD Calasanz e Ural Español CF, 25 puntos; 7. ED Luis Calvo Sanz, 23 puntos... 12. Atlético Arteixo, 10 puntos...

Categoría benxamín
13ª xornada: SANTA CRUZ CF - BENXAMÍN A, o sábado 20 de decembro ás 11:00 no campo Leonardo Maceiras (Os Regos)
13ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS, o sábado 20 de decembro ás 9:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Benxamín A, 36 puntos; 2. Fabril FC Benxamín, 30 puntos; 3. CD Calasanz, 29 puntos; 4. Atlético Coruña Montañeros CF, 27 puntos... 8. Santa Cruz CF, 16 puntos...