Arnau Comas cualifica o partido copeiro ante o RCD Mallorca como "unha noite máxica en ABANCA-RIAZOR"
Arnau Comas asegurou na sala de prensa do Dépor Training Center que o partido de Copa ante o RCD Mallorca sentou "moi ben. Despois dun partido malo como o último de liga en ABANCA-RIAZOR, e do penúltimo, 2 días despois ter unha oportunidade como a que tivemos o outro día... Axudounos moito a vitoria pero tamén o ambiente".
Nesta liña, cualifica a noite como "máxica en ABANCA-RIAZOR para #ANOSAFORZA, que é importante; e tamén para os xogadores, esa unión en ABANCA-RIAZOR".
Cre que "unha vitoria así en casa contra un Primera sempre axuda, sempre suma".
O defensa deportivista apunta que ante os baleares "saímos coa intención primeiro de competir. Xogabamos en ABANCA-RIAZOR e sabía que teriamos opcións. E deuse un bo partido. Foi bo para todos. Foi unha oportunidade para nós despois deses 2 partidos, dar unha alegría a #ANOSAFORZA e unha alegría a todo o Dépor".
Tamén ve o último partido do ano 2025, no Nou Estadi Encamp de Andorra este sábado 20 de decembro ás 14:00 (LaLiga TV Hypermotion) como "súper importante para nós. Imos tentar aproveitalo, sumar os 3 puntos e lograr unha vitoria. Irse a Nadal con 35 puntos sería bo para todos".
Arnau Comas pídelle ao ano 2026 "a nivel futbolístico seguir arriba. Oxalá haxa moitas noites máxicas como a do outro día en ABANCA-RIAZOR".