O Deportivo ABANCA B ten mañá mércores 5 de setembro o seu último test estival antes de arrancar a Primeira Autonómica feminina a fin de semana. O seu último sparring será o Milagrosa, equipo do seu mesma categoría, ás 19:00 no campo de herba artificial de Abegondo.
Así mesmo, o Infantil B representará ao Dépor na Rothon Cup 2018 que se xoga na localidade de Redon, na Bretaña francesa. O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo 1, co FC Nantes, EA Guingamp, FC Lorient, Stade Lavallois, AS Nancy, Stade de Reims e Montpellier HSC.
A semana de amigables abriuna onte luns o Cadete B, que empatou (2-2) ante o Bergantiños B, con Matos e Trigo como goleadores branquiazuis.
Haberá actividade ao longo da semana tamén para o Infantil A, os dous equipos alevíns e o Benxamín A.
O Infantil A disputa durante a fin de semana o Torneo Internacional de Fútbol Arnedo Ciudad del Calzado na citada localidade rioxana. O conxunto deportivista adiantou para iso o seu primeiro partido da Liga Galega ante o Calasanz, que se xogará mañá mércores en Abegondo (18:00 horas).
Pola súa banda, o Alevín A participa na 5º edición do Torneo Narón O Freixo. Terá como rivais iniciais ao Rápido de Bouzas, Atlético Coruña Montañeros CF, Narón Freixo A e UD Ourense. A duración dos partidos será de 20 minutos salvo a final, que se xogará en 2 tempos de 15 minutos cada un.
Finalmente, Alevín B e Benxamín A competirán na 7ª edición do Torneo EF Silleda, Memorial Ramón Barcala, que terá como escenario o campo municipal do Outeiriño en Silleda. O Alevín B xogará o domingo 9 e os benjamines, o sábado 8.
O calendario de amigables, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Categoría feminina
DEPORTIVO ABANCA B - MILAGROSA, mañá mércores 5 de setembro ás 19:00 en Abegondo (campo de herba artificial)
Categoría cadete
CADETE B 2 (Matos e Trigo) - BERGANTIÑOS B 2
Categoría infantil
XXIV Torneo Arnedo Ciudad del Calzado en Arnedo (A Rioxa)
Primeira Fase (no campo de herba artificial de Sendero)
Venres 7 de setembro
16:30: INFANTIL A - REAL SOCIEDAD
18:00: INFANTIL A - LEVANTE
19:30: ESPANYOL - INFANTIL A
Os dous primeiros clasificados pasan a unha Fase Final que se xogará o sábado 8 e domingo 9. O terceiro e cuarto xogarán unha Fase de Consolación denominada Torneo Escuela de Fútbol de Arnedo, tamén o sábado 8 e domingo 9. Os partidos terán unha duración de 18 minutos.
Rothon Cup 2018 en Redon (Francia)
Primeira Fase
Sábado 8 de setembro
11:00: INFANTIL B - MONTPELLIER HSC (campo 4)
12:40: STADE DE REIMS - INFANTIL B (campo 1)
14:20: FC LORIENT - INFANTIL B (campo 1)
16:00: AS NANCY - INFANTIL B (campo 1)
17:40: INFANTIL B - STADE LAVALLOIS (campo 3)
Domingo 9 de setembro
9:00: INFANTIL B - EA GUINGAMP (campo 1)
10:40: FC NANTES - INFANTIL B (campo 1)
Os 2 primeiros clasificados pasan a semifinais, que se xogan a partir das 12:40. O resto de equipos, segundo clasificación, disputarán unha Fase de Consolación para dilucidar a súa posición final.
Categoría alevín
V Torneo Narón O Freixo no Estadio de Río Seco (Narón)
Sábado 8 de setembro
Primeira Fase (campo 1)
9:50: ALEVÍN A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS
11:30: ALEVÍN A - UD OURENSE
13:10: ALEVÍN A - NARÓN FREIXO A
14:50: ALEVÍN A - RÁPIDO DE BOUZAS
Todos os equipos pasan á Fase Final, que arrancará ás 17:20 en formato de eliminatoria.
VII Torneo EF Silleda, Memorial Ramón Barcala, no campo de Outeiriño (Silleda)
Domingo 9 de setembro
Primeira Fase (campo 1)
11:00: ALEVÍN B - ESCOLA ESTRADA FB
12:20: ALEVÍN B - ATLÉTICO FÁTIMA
13:40: ATLÉTICO CUNTIS - ALEVÍN B
Os dous primeiros clasificados pelexarán polo título, nunha Fase Final por eliminatorias que, desde cuartos de final, comeza ás 16:40. Pola súa banda, o terceiro e cuarto de grupo xogan unha Fase de Consolación, que arranca ás 16:00 horas.
Categoría benjamín
VII Torneo EF Silleda, Memorial Ramón Barcala, no campo de Outeiriño (Silleda)
Sábado 8 de setembro
Primeira Fase
11:00: BENXAMÍN A - UD OURENSE (campo 2)
12:20: EFM BOIRO - BENXAMÍN A (campo 1)
13:40: BENXAMÍN A - SD TOURO (campo 2)
Os dous primeiros clasificados pelexarán polo título, nunha Fase Final por eliminatorias que, desde cuartos de final, comeza ás 16:40. Pola súa banda, o terceiro e cuarto de grupo xogan unha Fase de Consolación, que arranca ás 16:00 horas.


