Ata 190.000 pesetas recadáronse con motivo do amigable que disputaron no municipal de Laracha unha selección da zona contra o Real Club Deportivo. Aquilo fora case unha pachanga que permitiu comprobar o estado dos xogadores deportivistas e as incorporació
Case 1.000 afeccionados déronse cita no Municipal O DEPORTIVO VENCEU AMPLAMENTE Á SELECCIÓN DE LARACHA: 12-2
Cunha excelente entrada de afeccionados, enfrontáronse no Muncipal de Laracha o Deportivo e unha selección da zona, finalizando a contenda co amplo triunfo do once coruñés por 12-2. No despacho de billetes, 191.000 pesetas de recadación.
DEPORTIVO: Fernando; Gustavo, Muíños, Sredojevic, Sabín Bilbao; Aspiazu, Fran, Gil, Santi Francés; Raudnei e Batrovic. Na segunda parte xogaron Lasarte, Antonio e Mella.
SELECCIÓN: Santi; Chinés, Agustín, Cachevés, Joaquín, Valentín, Carlos I, Carlos II, Paco, Cesáreo e Ríchard. Na segunda parte xogaron Sande, Pablo, Miguel, Maraca, Manolo e Manolito.
Máis dun milleiro de afeccionados déronse cita no campo municipal de Laracha, onde o Deportivo non pasou maiores problemas para derrotar con contundencia ao combinado do municipio, en partido amigable celebrado como adestramento polos homes dirixidos por Arsenio Igrexas.
Desde o principio o once coruñés mostrouse superior aos seleccionados, aínda que estes en algúns momentos puxeron en dificultades á defensa branquiazul. No entanto, o once coruñés evidenciou que vai collendo a forma e que as novas incorporacións vanse aclimatando ao que Arsenio Igrexas espera deles para a próxima campaña da liga.
É pronto para poder facer unha valoración do realizado polo Deportivo ata o momento presente, pero non hai a menor dúbida de que os xogadores branquiazuis están a queimarlles etapas nesta pretemporada, con vistas a ese encontro de presentación que lles enfrontará o próximo día 20 ao Real Oviedo no estadio de Riazor.