RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Un Dépor ABANCA ao completo e sen marxe de erro encoméndase a Abegondo ante o UD Granadilla Tenerife Egatesa

O Dépor ABANCA afronta un partido decisivo mañá sábado 5 de xuño en Abegondo (13:30 horas, LaLigaSportsTV) coa visita do UD Granadilla Tenerife Egatesa.

O cadro branquiazul encoméndase ao fortín de Abegondo, no que haberá unha nutrida representación de #ANOSAFORZA, para un choque ante as tinerfeñas sen marxe de erro: con 9 puntos en xogo, o Dépor ABANCA ten 25 puntos por 30 a SD Eibar e o Rayo Vallecano, os dous equipos que agora mesmo evitarían o descenso. "Podemos saír desta situación", apuntou en rolda de prensa no Estadio ABANCA-RIAZOR Noelia Villegas.

Ante a transcendencia do partido, Manu Sánchez citou a todo o seu cadro. Están incluídas na convocatoria as canteirás Sara Álvarez, Jessica, María Figueroa, Tati e Eva Dios, ademáis de Patri López e Carlota, en dinámica do primeiro equipo desde principios de temporada.

Na primeira volta, o pasado 5 de xaneiro, venceron as tinerfeñas (4-1), xusto no peor momento da temporada do Deportivo ABANCA. Mañá sábado a historia ten que ser radicalmente diferente para continuar pelexando pola permanencia nunha Primera Iberdrola á que aínda lle restarán dúas xornadas máis.