RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Un Dépor ABANCA "con ganas de mellorar nas dúas áreas" retoma a liga este sábado 6 de decembro ás 12:00 ante o Granada CF en ABANCA-RIAZOR

O Dépor ABANCA regresa á competición en Liga F este sábado 6 de decembro ás 12:00 (Dazn) ante o Granada CF, en partido correspondente á 13ª xornada.

As Nosas chegan ao partido con 10 puntos na 13ª posición.

Fran Alonso asegura que o equipo "está con moitas ganas, con moita confianza, con ganas de establecer o crecemento que tivemos nos últimos partidos e de mellorar nas dúas áreas, que é onde temos máis marxe de mellora".

O técnico deportivista apunta que neste parón ligueiro "aproveitamos para facer un traballo táctico e mellorar nas dúas áreas, que é onde temos máis marxe de mellora".

Confirma que salvo Espe Pizarro, que xa se marchou coa súa selección lesionada, as internacionais (Inês Pereira, Michi Apóstol e Antía Veiga) volveron sen problemas".

Iso si, desvela que "sufrimos un proceso vírico dentro do vestiario. Hai varias xogadoras que esperaremos a mañá para ver se poden tomar parte ou non".

Pola súa banda, o Granada CF que dirixe a ex adestradora deportivista Irene Ferreras, é 11ª na táboa con 13 puntos.

Fóra do seu campo esta temporada o conxunto andaluz gañou ao Levante UD (1-2) e Madrid CFF (0-1); empatou co Alhama CF (1-1), DUX Logroño (1-1) e UD Costa Adeje Tenerife Egatesa (2-2); e perdeu co FC Barcelona (2-0).

Irene Ferreras apunta que "temos ganas de ir xogar nun gran estadio como o que imos xogar e de reencontrarnos con ese carácter competitivo que estamos a mostrar sobre todo fóra de casa".

Finalizado o encontro, As Nosas adestraranse de novo o domingo 7 de decembro ás 10:45 no Dépor Training Center.