Un Dépor "con obxectivos a nivel clasificatorio" afina a puntaría no campo 3 de Abegondo
O Dépor adestrouse esta mañá no campo 3 de Abegondo, segundo apuntou Óscar Gilsanz na sala de prensa, "co mesmo obxectivo que é gañar cada partido, sumar os 3 puntos en xogo contra o Albacete Balompié (este domingo 4 de maio ás 21:00 horas) porque seguimos tendo obxectivos a nivel clasificatorio".
O técnico deportivista subliña que "recuperamos a Escudero para poder entrar en convocatoria".
Lembrou así mesmo as ausencias forzosas por sanción de Denis Genreau e de Omenuke Mfulu; e "temos as mesmas baixas que a semana pasada", en referencia a Dani Barcia, Mella, Ximo Navarro e Juan Gauto, todos eles con adestramento personalizado.
De Escudero, confirma que "está a adestrar a un moi bo ritmo, case ao mesmo que o dos seus compañeiros. Esta semana incorporouse ao grupo para facer todo o traballo. O ideal é unha reincorporación progresiva en canto a minutos pero sobre todo que acabe a temporada con esa sensación de competir, de ter minutos e de entrar no grupo; que para calquera xogador que leva lesionado uns meses é a mellor maneira de acabar a temporada".
O corpo técnico branquiazul dispuxo unha activación con rondos e unha tarefa de finalizacións.
Mardones e a meta xuvenil Álex foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.
Mañá sábado 3 de maio Os Nosos realizarán en Abegondo a última sesión de traballo previa ao partido antre o conxunto manchego.