RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Un Dépor que pasa dos números e que ten ao AD Ceuta FC como obxectivo "primordial", insistiu esta mañá nas transicións

Óscar Cano fixo especial fincapé esta mañá nas transicións ofensivas de cara á seguinte cita no grupo 1º de Primera Federación, o domingo 23 de abril ás 19:00 (TVG-2 e InSports.tv) en ABANCA-RIAZOR ante o AD Ceuta FC.

En rolda de prensa, un dos futbolistas máis veteranos do vestiario branquiazul, Antoñito, considera "primordial ao Ceuta. Son 3 puntos importantes, hai que gañar. Soamente pensamos neles, en nada máis agora mesmo".

O lateral dereito deportivista comentou aos medios de comunicación que "non estamos obsesionados coa calculadora", aínda que recoñece que "somos conscientes do que hai. Quedan 18 puntos en xogo, estamos a 4 de distancia".

Con Pepe Sánchez como único futbolista á marxe do grupo, o corpo técnico trazou ademais o plan de partido cun partido 11 contra 11, co que se puxo o punto e final ao traballo sobre o céspede.

Mañá venres, o equipo adestrarase de novo en Abegondo a partir das 10:30, con almorzo previo para o cadro a partir das 09:00 horas.