RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Un equipo de fútbol basee de Arcos de la Frontera pide fotografarse co Deportivo no Carranza

Un equipo de fútbol basee da localidade gaditana de Arcos de la Frontera solicitou por escrito ao Real Club Deportivo da Coruña fotografarse co once inicial que se enfronte ao Cádiz no Ramón de Carranza o próximo 23 de abril do ano 2006.

Ademais, este equipo de fútbol basee, integrado por nenos de 10 anos, ten o seu equipamento exactamente igual que a do Real Club Deportivo da Coruña. O responsable do club, Francisco Javier Barreiro, é un fervente deportivista que xa viaxou en máis dunha ocasión co club a presenciar partidos da liga de Campións. É máis, ten no seu domicilio particular un auténtico museo deportivista.
O club xa se puxo en contacto telefónico con Francisco Javier, e expresoulle a súa gratitude, en primeiro lugar, e que se procederá cando chegue o momento a facer as pertinentes xestiones co Cádiz para que os jovenes futbolistas do Arcos de la Frontera vexan cumprido un dos seus soños.
Na localidade gaditana de Rota, o Real Club Deportivo ten unha pena deportivista, a Pena Deportivista 19 de maio.