RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Un Fabril reforzado co triunfo en Zamora e cunha atención e concentración máximas visita ao Racing Villalbés, un rival directo

Un Fabril reforzado co triunfo (1-2) do pasado domingo ante o poderoso Zamora CF visita mañá sábado 9 de marzo ás 16:45 ao Racing Villabés, un rival directo, en choque correspondente á 26ª xornada en Segunda Federación.

Óscar Gilsanz, en rolda de prensa, asegurou que "neste tipo de partidos, a atención e a concentración serán máximas por parte de todos, tanto de corpo técnico como de xogadores e demais".

O filial marcha na 10ª posición na táboa con 30 puntos.

O conxunto deportivista recupera a Kevin Sánchez após cumprir un partido de sanción e ten a baixa de Martín Ochoa, lesionado nos isquiotibiais. "Temos diferentes alternativas na parte de ataque e a volta de Kevin dános unha opción máis. Veremos a ver o que decidimos", admitiu o preparador fabrilista.

Manu Berrocal e Mardones, ademais do citado Kevin, son os xuvenís que completan a convocatoria.

Na primeira volta en Abegondo entre os dous equipos, o pasado 29 de outubro, gañou o Fabril (2-0) con dobrete de Mati Castillo (na foto da noticia) no tempo de desconto.

Pola súa banda, o Racing Villalbés, que a pasada fin de semana perdeu (2-0) en Ourense, é 15º con 27 puntos.

Os lucenses esta temporada na Magdalena gañaron á RS Gimnástica de Torrelavega (1-0) e CD Guijuelo (2-1); empataron co Real Avilés Industrial (1-1), Marino de Luanco (0-0), Ourense CF (1-1), Zamora CF (0-0), Pontevedra CF (1-1), Real Oviedo Vetusta (0-0), Arandina CF (0-0) e SD Compostela (0-0); e perderon co CD Covadonga (1-2), UP Langreo (0-1) e Rayo Cantabria (0-1).

Óscar Gilsanz advirte do potencial racinguista: "A xeira de partidos sen gañar é grande pero é un equipo moi difícil de gañar. De todos os partidos xogados na Magdalena, que son 13, só houbo 2 nos que se fixeron máis dun gol: unha vitoria do Racing por 2-1 e outra do CD Covadonga por 1-2. Nos demais, ninguén foi capaz de facer máis dun gol".