RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Un gol de Mella dá a España a primeira posición de grupo no Europeo sub-17 de Israel

- Foto: @SeFutbol -

David Mella representa a #ANOSACANTEIRA na fase final do Campionato de Europa sub-17 que se xoga en Israel.

O dianteiro deportivista saíu de inicio por primeira vez no que vai de torneo no choque fronte a Serbia. O futbolista branquiazul adiantou a España cun soberbio dereitazo desde fóra da área no minuto 76. Jovan Milošević, de penalti no minuto 88, fixo o tanto do empate definitivo cando Serbia xogaba con dez por expulsión de Jovan Mijatović no minuto 78. Xusto despois do gol balcánico, Mella foi substituído por Miguel Carvalho.

Con este empate, España acaba a primeira fase como líder do Grupo C con 7 puntos e clasifícase para cuartos de final xunto a Serbia, que sumou 5. Bélxica, con 4, e Turquía, que perdeu os seus tres encontros, quedaron eliminadas.

Deste xeito, a selección española cruzarase en cuartos de final co segundo clasificado do Grupo D, Portugal, o vindeiro xoves 26 de maio.

España abriu a súa participación o pasado martes impoñéndose a Turquía por 0-2. Mella arrancou o choque no banco e no minuto 68 relevou a Dani Rodríguez.

Bélxica, o pasado venres, foi o segundo rival do futbolista branquiazul e o seu equipo. Gañaron os españois (2-0), un resultado que clasificou xa aos pupilos de Julen Guerrero a cuartos de final. Mella tamén empezou de suplente e saltou ao campo no minuto 73 en substitución de Dani Pérez.

O calendario de partidos da selección española sub-17 é o seguinte:

Martes 17 de maio
TURQUÍA 0 - ESPAÑA 2

Venres 20 de maio
ESPAÑA 2 - BÉLXICA 0

Luns 23 de maio
ESPAÑA 1 - SERBIA 1

Cuartos de final
Xoves 26 de maio
19:00 (hora peninsular): ESPAÑA - PORTUGAL, no Netanya Stadium

Países Baixos-Italia, cuxo vencedor sería o hipotético rival de España en semifinais; Alemaña-Francia e Dinamarca-Serbia son os outros enfrontamentos de cuartos de final. As semifinais terán lugar o domingo 29 de maio e a final será o mércores 1 de xuño.