RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Un intenso empate a uns

Lille e Deportivo empataron a uns no Felix Bollaert de Lens nun intensísimo partido no que os locais, sobre todo no primeiro período, presionaron moitísimo facendo que o xogo se disputase fundamentalmente no centro do campo. As ocasións chegaban de dispar

O Lille presionou moito ao Deportivo nos minutos iniciais, ata tal punto que os galos abortaban todas as xogadas branquiazuis nuns instantes nos que o xogo se desenvolveu no centro do campo. As ocasións de perigo para ambos os conxuntos chegarían con disparos moi afastados desde fóra da área que buscaban sorprender aos gardametas pero sen resultados ou nun par de xogadas a balón parado. Pandiani tivo a ocasión máis clara cun disparo a porta mediados os primeiros 45 minutos, pero saíu rozando o poste. Víctor tamén tivo un disparo e as ocasións locais foron para Bakari e Fatih.

As ocasións do Deportivo aumentaron conforme corrían os minutos. Baixou a presión dos franceses e mellorou o xogo branquiazul, que conseguiron controlar o balón e levar perigo á meta de Winbee. De todos os xeitos Bakari, fundamentalmente, non renunciou a pór en apertos a Molina.

Na continuación o Deportivo adiantouse no marcador cun tanto de Valerón que daba tranquilidade e confianza aos de Irureta. Con todo o encontro non baixou de intensidade. Os galos buscaron o empate pero deixaban máis espazo ao Deportivo para xogar o balón. Os ataques do Lille viñan seguidos de contragolpes deportivistas. A vantaxe branquiazul serviu ata que a tres minutos do final Oloufade igualou a contenda.

O marcador xa non se movería a pesar de que un e outro conxunto buscaron o gol.

O Manchester gañou ao Olympiakos por 2 goles a 0.

Os equipos saltaron ao campo do Felix Bollaert de Lens coas seguintes aliñacións:
No Lille: Winbee, Fahmi, Bakari, Pichot, Ecker, N'Diaye, D'Amico, Landrin, Sterjovski, Cygan e Cheyrou.
No Deportivo: Molina, Héctor, Naybet, Donato, Romeu, Víctor, Emerson, Duscher, Fran, Valerón e Pandiani.