RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Un punto "que sabe a pouco" para Domingos Duarte e Carlos Fernández

Domingos Duarte e Carlos Fernández pasaron pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR trala finalización do encontro. Ambos coincidiron en que o punto cultivado ante o Lugo "sabe a moi pouco".

O central portugués afirmou que o empate "sabe a moi pouco", porque "viñemos gañar os tres puntos". "Polo menos seguimos sumando, que é o menos malo", apostilou.

"Sabiamos que ía ser complicado polas súas características e as súas calidades", destacou sobre a actuación do equipo rival.

Domingos alegrouse de que polo menos "só concedemos unha ou dúas ocasións". "Hai que seguir en defensa así e en ataque mellorar un pouquiño", analizou.

Pola súa banda, Carlos Fernández afirmou que acabou o partido "coa sensación de que nos podiamos levar algo máis".

"Sabiamos que o Lugo nos ía a poñer as cousas complicadas, é o equipo que menos goles encaixou como visitante", comentou antes de observar que "se as oportunidades que creas non as materializas e non es eficaz, pois te vas como neste caso só cun punto".

Sobre a xeira de resultados das últimas semanas, o dianteiro andaluz dixo que "nesta categoría hai momentos complicados para todos os equipos, así que hai que crer máis que nunca na idea".

Sobre o seu regreso ao equipo deixou claro que "a lesión está esquecida, así que agora hai que coller velocidade de cruceiro canto antes".