RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Un resultado demasiado avultado

O Deportivo ha caido derrotado no Highbury Arsenal Stadium por 5 goles a 1. Aínda que o Arsenal dispuxo das mellores oportunidades o marcador final non reflicte o xogo desenvolvido por ambos os equipos. O Deportivo levou as rendas do encontro en moitas da

A mala sorte sufrida polo Deportivo neste encontro non se fixo esperar e xa no minuto cinco da primeira parte Dixon remataba de cabeza un centro de Henry sen que Turu Flores que o marcaba puediera facer nada por evitalo.

A este gol seguiron uns minutos nos que o Deportivo parecía tomar a iniciativa pero no minuto 28, nunha internada por banda, Overmars gañaba en carreira a Romeu, centraba e Henry vindo desde atrás adiantábase a Donato e marcaba de tiro raso e axustado ao pau.

A segunda parte presentábase totalmente diferente cando no minuto 8 Flavio caía derrubado na área inglesa e o arbitro pitaba penalti. Djalma regalounos un gran gol de "Panenca" que deixou sentado a Seaman como un expectador máis. Con todo tamén sería Djalma o que marcaría o resto do partido ganandose tontamente a expulsión no minuto 16 tras revolverse contra Grimaldi que lle realizou unha dura entrada.

O Deportivo con dez xogadores no terreo de xogo seguiu tentándoo pero no minuto 21 Henry acabou coas esperanzas deportivistas ao rematar ao fondo das mallas de cabeza ante un desacertado Songo'ou. Cun 3-1 no marcador e o Deportivo cun home menos, o Arsenal apropiouse do partido conseguindo Kanú un gran gol no minuto 33 e convertendo o quinto gol nas postrimerias do partido, nunha falta sacada por Bergkamp que golpea na cabeza de Fernando e cóase na meta deportivista sen que Songo' ou teña a menor opcion a detela.

Este resultado obriga ao Deportivo a gañar en Riazor ao Arsenal no partido de volta por un resultado de polo menos 4 a 0 o que se presenta como unha xesta case imposible de realizar.

Augusto César Lendoiro, que acompañaba, por primeira vez nesta tempada, ao equipo nunha saída na Copa da UEFA, non puido asistir a Highbury debido a unha gripe que o mantivo no Hotel durante toda a xornada.