RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Un só amigable, o do San Tirso SD Cadete en Santiago ante o Compos, xógase este xoves en ANOSACANTEIRA

Un só amigable dispútase mañá xoves 29 de agosto en ANOSACANTEIRA.

O San Tirso SD Cadete de División de Honra (na foto da noticia) visita á SD Compostela ás 19:15 no campo das Cancelas.

Os empates onte martes do Cadete ante o Atlético Arteixo xuvenil en Abegondo (2-2) e do Infantil ante o CD Conxo Santiago cadete no campo santiagués da Merced (0-0); e a vitoria do San Tirso SD Infantil ante o Atlético Coruña Montañeros CF no Monte (1-0) abriron unha semana de estreas o sábado 31 en ANOSACANTEIRA:

-O Fabril, que pechou a contratación de Luisao Macías, inicia a liga no grupo 1º de Segunda Federación ás 18:00 en Abegondo ante o Real Ávila CF (YouTube RC Deportivo).

O Club activou o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva de Abegondo.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir aos partidos, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición da bancada nun proceso 100 % telemático.

As socias e socios do RC Deportivo terán prioridade para a retirada da súa entrada gratuíta até mañá xoves 29 de agosto ás 23:59 h.

A partir dese momento, se houbese asentos aínda dispoñibles, habilitarase simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

-Tamén se estrea o Xuvenil A en a División de Honra, neste caso no campo da Grela (16:00) ante o Atlético Coruña Montañeros CF.

Ademais esta semana hai cita para o Xuvenil B en Cambre; e torneos para o San Tirso SD Cadete o domingo 1 de setembro en Portonovo e para o San Tirso SD Infantil o sábado 31 de agosto en Pastoriza (Arteixo).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
1ª xornada: FABRIL - REAL ÁVILA CF, o sábado 31 de agosto ás 18:00 en Abegondo

Categoría xuvenil
División de Honra, 1ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - XUVENIL A, o sábado 31 de agosto ás 16:00 na Grela

Amigable: SPORTING CAMBRE - XUVENIL B, o sábado 31 de agosto ás 20:30 no campo Dani Mallo (Cambre)

Categoría cadete
Martes 27, amigable: CADETE 2 (Nico e Pablo Crespo) - ATLÉTICO ARTEIXO (xuvenil) 2
Amigable: RACING DE FERROL - CADETE, o sábado 31 de agosto ás 19:30 no campo de O Beco (Cedeira)

Amigable: SD COMPOSTELA - SAN TIRSO SD CADETE, mañá xoves 29 de agosto ás 19:15 nas Cancelas (Santiago)

II Sanxenxo Cup en Baltar (Portonovo)
Domingo 1 de setembro
Primeira Fase
10:00: SAN TIRSO SD CADETE - URAL ESPAÑOL CF
11:00: AJ LÉREZ - SAN TIRSO SD CADETE
14:00: CD CHOCO - SAN TIRSO SD CADETE

En función da clasifición, os equipos emparellaranse en cuartos de final, que arrincan ás 17:00 horas

Categoría infantil
Martes 27, amigable: CD CONXO SANTIAGO (cadete) 0 - INFANTIL 0
Amigable: RACING DE FERROL - INFANTIL, o sábado 31 de agosto ás 17:00 no campo de O Beco (Cedeira)

Martes 27, Amigable: SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Diego) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0

II Memorial David Eiroa, no Municipal de Pastoriza (Arteixo)
Sábado 31 de agosto
9:35: SAN TIRSO SD INFANTIL - RACING DE FERROL
11:20: SAN TIRSO SD INFANTIL - CD LUGO
15:30: SAN TIRSO SD INFANTIL - CD CALASANZ
17:15: SAN TIRSO SD INFANTIL - RC CELTA
19:00: SAN TIRSO SD INFANTIL - BERTAMIRÁNS FC