RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Un sólido Fabril tumba ao Valladolid B e mantense no liderado

O Fabril fixo gala de solidez para tombar ao Valladolid B (1-0) esta tarde en Abegondo, coas bancadas repletas de afeccionados branquiazuis.

Ao filial deportivista bastoulle o gol de Borja Galán ao cuarto de hora para facerse co tres puntos. Os pupilos de Cristóbal Parralo exhibiron contudencia en defensa e fixeron méritos mesmo para marcar algún gol máis.

O partido deixou ademais a nova posición de Queijeiro, de lateral dereito pola sanción de Blas; e as estreas do xuvenil Valín, que xogou toda a segunda parte; e do panameño Ismael Díaz, que estivo sobre o céspede a última media hora de partido.

Con este resultado, o Fabril suma 19 puntos á fronte do grupo 1º da Segunda División B. Séguelle con 18 puntos o Celta B.

Fabril: Francis, Queijeiro, Raúl González, One, Lucas, Edu Expósito, Óscar, Carlos López, Uxío, Romay e Borja Galán. Tamén xogaron: Valín, Gaizka e Ismael Díaz.

O vindeiro domingo 15 de outubro repite o Fabril en Abegondo, nesta ocasión ante o Talavera, a partir das 17:00 horas. O choque pertence á 9ª xornada ligueira.

Os resultados ata a data do Fabril son os seguintes:

Fuenlabrada 1 - Fabril 2 (Uxío e Óscar)
Fabril 0 - San Sebastián de los Reyes 1
Racing de Ferrol 1 - Fabril 1 (Romay)
Fabril 3 (Borja Galán, Uxío e Óscar) - Real Madrid Castilla 0
Rayo Majadahonda 0 - Fabril 1 (Andújar en propia meta)
Fabril 3 (Diego Caballo, Uxío e Romay) - Coruxo 1
Ponferradina 0 - Fabril 1 (Edu Expósito)
Fabril 1 (Borja Galán) - Valladolid B 0