RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Unha Cidade Deportiva á altura do Club

Os avances nas obras da Cidade Deportiva de Abegondo son apreciables a primeira ollada. Día a día os cambios nos terreos son palpables e se hai unhas semanas xa saía o céspede nun dos campos, agora son xa tres os que locen de verde na contorna de Cecebre.


A preocupación do presidente e o consello de administración do Deportivo da Coruña pola evolución das obras fai que sigan moi de preto as mesmas. Así, non é raro atopalos nos terreos de Abegondo supervisando os traballos.


Ademais, o interese de distintas institucións é tal que nos últimos días visitaron as obras o Secretario de Estado para o Deporte, Gómez Angulo, e hoxe mesmo o presidente da Federación Española de Fútbol, Anxo María Villar e todos eles coinciden en destacar a idoneidade do emprazamento, a marabillosa paisaxe que rodea os campos e a calidade do proxecto das futuras instalacións así como a importancia da Cidade Deportiva para o deporte en xeral e o fútbol en particular, para A Coruña, para a provincia e para toda Galicia.


Estamos ante unha situación moi especial, o inminente nacemento dun importante complexo deportivo, con escolas de fútbol para os mozos, onde se potencie a práctica do deporte nunha contorna inmellorable. Por fin, un dos obxectivos principais do Plan Quinquenal 2000-2005, está cada vez máis preto.

Situada nunha contorna inmellorable para a práctica do deporte, nunha zona protexida e rodeada de árbores que se respectará ao máximo, a Cidade Deportiva dispón dunha superficie superior aos 100.000 metros cadrados, nos que se van a construír dez campos de fútbol de medidas regulamentarias, onde o Fabril e os Xuvenís de Liga Nacional e División de Honra poderán disputar os seus encontros e onde o Deportivo e os demais equipos do Club realizarán os seus adestramentos en plena natureza. Nas instalacións haberá unha bancada, con capacidade para varios miles de espectadores. Debaixo da mesma construiranse vestiarios, ximnasio, instalacións para os servizos médicos e de recuperación, sauna, sala de fisioterapia, sala de prensa, sala de reunións, cafetaría, etc.


Cada campo de fútbol, salvo o principal, estará patrocinado por unha empresa que poderá bautizar o campo co nome que desexe, contribuíndo así a sufragar boa parte dos custos da obra.

A obra civil, iniciada hai apenas unhas semanas, avanza con rapidez e aos poucos o conxunto das instalacións vai tomando forma . O Club quere agradecer o apoio e a confianza dos distintos particulares, institucións e empresas para que a tan necesaria Cidade Deportiva, o vello soño do Deportivo e a súa afección sexa, agora si, unha realidade.


Imaxes:
19/11/2001
4/10/2001
25/9/2001
27/8/2001
18/7/2001
3/7/2001
28/6/2001
19/6/2001
11/6/2001
4/6/2001
28/5/2001