RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Unha emotiva repartición de diplomas pon este mércores 31 o punto e final ao DéporCampus Nadal Cabreiroá 2025

Unha emotiva repartición de diplomas este mércores 31 de decembro pon o punto e final ao DéporCampus Nadal Cabreiroá 2025 polo que pasaron nestas datas tan especiais un total de 345 nenos e nenas.

Nesta segunda quenda participaron 200 alumnos e alumnas, repartidos nestas sedes: Alvedro (15), Pontedeume (65), Club del Mar de San Amaro (19) e Colexio Santa María del Mar (109).

Dirixido a nenos e nenas entre 6 e 14 anos, o DéporCampus Nadal Cabreiroá fomenta valores como o xogo limpo, o respecto polo rival, o esforzo, a solidariedade e a amizade a través do deporte.

Todos eles gozan de sesións de adestramento adaptadas á súa idade e nivel, dirixidas por técnicos de #ANOSACANTEIRA, nunha contorna formativa que combina deporte, diversión e convivencia.

Do mesmo xeito que na primeira quenda, hai sorpresas e sorteo de agasallos, ademais de snaks saudables en colaboración con FEIRACO e GADIS.

O DéporCampus Nadal Cabreiroá consolídase un ano máis como unha experiencia única para vivir o deporte durante as vacacións de Nadal, fomentando hábitos saudables e o sentimento de pertenza desde idades temperás.