RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Valencia 1 - Deportivo 2<br>Vitoria do Deportivo en Mestalla

O Deportivo conseguiu traerse o tres puntos de Mestalla tras imporse nun bonito e disputado partido á Valencia por un gol a dous. Adiantaríase o Deportivo no minuto 44 con gol de Scaloni, pero empataría Dei Vaio para a Valencia ao cinco minutos da segunda

A primeira parte do encontro fué moi disputada con bo xogo por parte de ambos os equipos pero con claro dominio do cadro branquiazul que dispuxo das mellores ocasións.

No minuto 44 o Deportivo conseguía adiantarse no marcador por medio de Scaloni. O arxentino facíase cun balón no medio campo e tras correr a banda dereita disparaba bastante escorado, e aínda que o balón era desviado por un defensa, entraba na meta de Palop.

No 5 da segunda parte, despois dunha clara ocasión do Deportivo nas botas de Luque, a Valencia montaba a contra e Dei Vaio conseguía marcar na meta de Munúa.

Tras o gol da Valencia o Deportivo non veu abaixo e siguión coa liña de bo xogo e fútbol de ataque. Así chegaría o gol da vitoria, impresionante xogada de Tristán que de tacón prolonga en profundidade para a carreira de Víctor. O madrileno, que acababa de etrar no campo en substitución de Scaloni, se interna na área e cun tremendo sangue frío golpea co exterior e marca o segundo gol do Deportivo.

Polo Deportivo: Munúa, Manuel Pablo, Romeu, Andrade, Coloccini, Duscher, Sergio, Valerón, Luque, Scaloni e Tristán.